Premio Irmandade do Libro
Os premios Irmandade do Libro foron uns galardóns que se celebraron ao longo de 19[Cómpre referencia] edicións organizados pola Federación de Librarías de Galicia. Tiñan por obxecto distinguir obras literarias galegas, escritas preferentemente en lingua galega, e constaban de diversas modalidades: mellor libraría, mellor centro de ensino, premio ao fomento da Lectura, libro do ano para o público adulto, libro infantil e/ou xuvenil do ano, obra editorial e autor ou autora do ano[1]. A partir da creación da Gala do Libro Galego en 2016 -que agrupou os galardóns da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editores e da propia Federación de Librarías de Galicia[2]-, os premios Irmandade do Libro deixaron de celebrarse.
Listaxe de premiadosEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do anoEditar
- 2011: Non hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz
- 2012: A noite branca (Xerais) de Francisco X. Fernández Naval
NotasEditar
- ↑ XXIV Premios Irmandade do Libro Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ Nace la Gala do Libro Galego tras un acuerdo histórico del sector, Faro de Vigo, 21 de novembro de 2015 (en castelán).
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina web da Federación de Librarías de Galicia.
- Bases da XXIV edición Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine..