Francisco Xosé Fernández Naval
Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956[1], é un narrador e poeta galego.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1956 (68 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, funcionario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración pública ata a súa xubilación en 2019, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.
Desde 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria onde cultiva tanto a ficción (poesía, novela, relato e narrativa infanto-xuvenil) como outras modalidades (ensaio, guías de viaxe e artigos en revistas galegas, españolas e americanas).
Na súa produción narrativa destacan, entre outros temas, o seu achegamento á guerra civil española, o despoboamento do mundo rural e, en xeral, o tratamento da memoria como elemento esencial de identidade individual e colectiva. Na súa obra poética ten como temas recorrentes o compromiso social, o paso do tempo, a memoria e o tratamento da paisaxe, mentres que na súa obra ensaística, destaca a súa análise sobre a figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia, xunto a un interese especial pola cultura marítima.
Tamén escribiu guións para series da Televisión de Galicia, produtoras do sector audiovisual e institucións culturais. Colaborou en diversos medios de comunicación, así como ten participado en numerosos recitais e conferencias.
Participou na creación das compañías teatrais Rúa Viva e Caritel, e o seu monólogo Non se che faga tarde foi representado pola actriz María Inés Cuadrado en salas de España e América. Implicado desde novo nos movementos asociativos culturais, asiste regularmente a encontros, congresos e a festivais poéticos en Europa e América.
A súa obra foi traducida a varias linguas, entre elas: portugués, castelán, éuscaro, catalán, francés, italiano, inglés, ruso e árabe.
Entre 2002 e 2003 formou parte, como vogal, do Consello Directivo da AELG, substituíndo a Luísa Villalta.
Dende o mes de outubro de 2022 forma parte da Comisión de pensamento do Consello da Cultura Galega.
Obra en galego
editarNarrativa
editar- O bosque das antas, 1988, Xerais (novela). Traducida ao portugués co mesmo título por José Braga-Amaral, e ao castelán co título El bosque de las antas, publicadas por Bubok Editorial.
- Tempo de crepúsculo, 1993, Xerais (novela).
- Sombras no labirinto, 1997, Sotelo Blanco (novela). Traducida ao castelán como Sombras en el laberinto no 2012, publicado en Trifolium.[2]
- Sete noites e un amancer, 2003, Biblos Clube de Lectores (relatos).
- Unha cita co aire, 2005, Galaxia (novela).
- Para seguir bailando, 2009, Xerais (relatos).
- A noite branca, 2012, Xerais (novela). Traducida ao ruso en 2014, publicada por Nestor Book.[3]
- Alma e o mar, 2017, Galaxia (novela).
Literatura xuvenil
editar- Historias roubadas, 1998, Everest Galicia.
- Lendas de onte, soños de mañá, 2001, Everest Galicia.
- No corazón da fraga, 2001, Everest Galicia. Traducido ao castelán: El espíritu del bosque, 2003, Everest.[4]
- Suso Espada. O misterio do Grial, 2003, Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada. El misterio del Grial, 2009, Everest.[5]
- Suso Espada. Istambul e o cabaliño de ouro, 2008, Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada: Estambul y el caballito de oro, 2008, Everest;[6] ao éuscaro: Suso Espada: Istambul eta urrezko zalditxoa, 2009, Aizkorri;[7] e catalán: Suso Espada: Istanbul y el cavallet d'or, 2009, Cadí.[8]
- Suso Espada. "Nota Roja", 2010, Everest Galicia.
- Do A ao Z con Uxío Novoneyra, 2010, Everest Galicia.
- Os contos da avoa Pepa, 2018, Kalandraka, con ilustracións de Manolo Figueiras. Incluído na lista de honra de CLIJ 2019, Os 100 mellores libros do ano.
Poesía
editar- A fonte abagañada, 1980. Limbo.
- Pabellón habitado, 1987, Sociedad de Cultura Valle-Inclán.
- Ara Solis, 1996, Raíña Lupa. Edición bilingüe galego-francés.
- Días de cera, 1999, Espiral Maior.
- Mar de Lira, 2005, A Nosa Terra. En 2015 editouse o disco Música de Mar de Lira, patrocinado polo Concello de Ourense, con temas compostos por José Luis Fernández Carnicero a partir de poemas deste libro, interpretados por Victoria Álvarez Acón (soprano) e Xosé Manuel Yáñez (piano).
- Miño, 2008, Espiral Maior.
- Bater de sombras, 2010, Espiral Maior. Publicado en castelán: Golpear de sombras, 2011, Huerga y Fierro.[9] Traducido por Teresa Seara, e como plaquette pola editorial Homo Scriptum, de Nova York, en 2012.
- Suite Dublín, 2011, Micielo ediciones. Cidade de México (edición bilingüe galego-castelán), publicado en galego en 2012 en Follas Novas Edicións como Suite Dublín e outros poemas.
- Memoria de abril, 2014, Artepoética (antoloxía poética en edición bilingüe galego-castelán). Texto introdutorio, selección e tradución de Teresa Seara.
- Nova York: ceo e mazá. Nueva York: cielo y manzana. New York: Sky and apple, 2017, Artepoética Press. Edición trilingüe en galego, castelán e inglés (esta última feita por Craig Patterson).
Ensaio
editar- Ensaio literario
- O mundo da pesca na literatura galega, 1999, Concello de Oleiros.
- Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar), 2006, Linteo. Publicado en castelán: Respirar por el idioma: (los gallegos y Julio Cortázar), 2007, Corregidor, Buenos Aires.
- O soño galego de Julio Cortázar, 2014, Linteo.
- Guías e literatura de viaxes
- A Coruña monumental e turística, 2002, Everest. Edición en castelán, galego e inglés.
- Guía do Pereiro de Aguiar e a Ribeira Sacra de Ourense, 2008, Everest.
- Guía da cidade de Ourense, 2010, Everest. Edicións en galego e castelán.
- Ensaio sobre natureza
- As crebas. Outro xeito de andar ao mar, 2014, Baía. Con Maribel Longueira.
- Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo, 2023, Editorial Bululú.
- Memoria histórica
- Manuel Rodríguez Louro: Do Monte Pindo a Mauthausen, 2020, Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica /ARMH. Deputación da Coruña.
Guións
editar- Un mundo de historias, 2002, Pórtico Produccións, capítulo para a serie de televisión dirixida por Antón Dobao.
- Pataghorobí, 2005, Ficción Produccións. Adaptación do relato do mesmo título de Xosé Cid Cabido, dirixida por Ricardo Llovo.
- Domingos de Andrade, excelencia do Barroco, 2012, para o Museo do Pobo Galego.
- A memoria da represión, 2021, ABA FILMS, para o Museo do Pobo Galego.
Traducións
editar- O diaño tamén sorri, de José Braga Amaral, 2009, Toxosoutos.
- A ruptura, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
- Infinito presente, de Ludwig Zeller, 2010, Espiral Maior.
- A autoestrada do Sur, de Julio Cortázar, 2014, Trifolium.
- Buen camino, Bom Caminho, Bo Camiño, de Astrid Lander, 2014, Editorial Areté.
Obras colectivas
editar- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
- Polos camiños da literatura. Escritores galegos do PEN, 1993.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia.
- Guía patrimonial da provincia da Coruña, 1996, Caixanova.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Narradores de cine, 1996, Xerais.
- Guía patrimonial da provincia de Ourense, 1997, Caixanova.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Intervención poética, 1999, Galería Sargadelos.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Rutas con sabor: Galicia, 2002, El País-Aguilar.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A gamela de Cabo de Cruz, 2003.
- Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, 2003, La Voz de Galicia.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. II, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Un libro a maior aventura. Campaña de fomento de lectura entre os maiores, 2003, Xunta de Galicia.
- As pegadas do Camiño, 2004, Cultura Solidaria Galega.
- As aforas do soño, 2005, Casa da Gramática, Porta Azul, Noia.
- Escrita contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Bonifacio Borreiros na memoria de Galicia, 2007.
- Tropel de marmolubios, 2007, Galix, Xunta de Galicia.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- O petroglifo do Filladuiro, 2008, Toxosoutos.
- Poetas con Rosalía, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- O 'Volter', fragmentos para a memoria, 2009, Xunta de Galicia. Recompilación documental e gráfica de J. Alberto Almeida Rebollo.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Níxer, 2010, Xerais.
- Dezaoito, 2011, Círculo Poético Aberto.
- Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla, 2011, Cadernos Ramón Piñeiro.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Multilingual Anthology. The Americas Poetry Festival of New York, 2014, Artepoética press, Nova York.
- Nimbos: cáliz fervendo!, 2014, Cadernos Ramón Piñeiro (XXIX).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.
- A esperanza é lentura. Unha lectura de Paisaxes do baleiro, en Fraxilidade consistente. Palabras para Eva Veiga, 2020, Medulia Editorial.
- Poetas na Cociña, 2020, Medulia Editorial e La Cocina Económica de La Coruña.
- Luísa Villalta: onde nace e se deita o sol de dentro, 2021, en Cidade de mulleres. Veciñas ilustres da Coruña, Volume 1. Colección Noroeste 2, Asociación da Prensa da Coruña/Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
- Dialéctica, 2021, no libro Crebas, de Francesc Torres, Centro Galego de Arte Contemporánea.
- Fisterras Atlánticas, Finisterres Atlánticos, Atlantic Finisterres, 2021, Medulia Editorial. Selección de Antonio Raúl de Toro Santos e José Miguel Alonso Giráldez.
- El Camino dels Estels, El Camino de las Estrellas, O Camiño das Estrelas, 2021, Lastura Ediciones. Inclúe 4 poemas inéditos escritos con Eva Veiga.
- Antoloxía do confinamento. Poetas galegos e portugueses, 2021, Concello de Pontevedra.
- Ara do mar. Poesía a Fisterra, 2021, Editorial Eneida. Selección de Alexandre Nerium.
- Antologia di Poesia Contemporánea Internazionali: Universalia, 2021, Edizioni Universum. Trento, Italia.
- Poetas na cociña II. Alimento para o corpo e para a alma, 2021, Medulia Editorial.
- Irmandade poética e artística Galaico-Lusa. Poetas do Reencontro II. Colleita de poesía Galaico-Lusa 2019-2021, 2021, Punto Rojo Libros.
- Fisterra. Relato Curto en Galicia, 2021, Editorial Linteo. Relato A fonte do Rei.
- Poetas na cociña III, 2022, Medulia Editorial e Cociña Económica da Coruña.
Obras con Maribel Longueira
editar- Guía Patrimonial da Provincia da Coruña, 1996, Caixanova.
- Alguén agarda que volva alí, 1998, Editorial Venus.
- Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra, 2000, A Nosa Terra.
- Muros ronsel de pedra, espiral de mar, 2003, Deputación da Coruña.
- Entremiradas I. Galicia - Bos Aires, 2009.
- Entremiradas II. Galicia - Cuba, 2009.
- Carnota: Mar, Territorio e Memoria, 2018, ACEP de Carnota. Traducida ao castelán como Carnota: Mar, Territorio y Memoria, e ao inglés, Carnota: Sea, Land and Memory.
Obra en castelán
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- Suleimán y Salúa, 2013, Trifolium. Con Ali Ali. Edición en castelán e en árabe.
Obras colectivas
editar- Los gallegos y Julio Cortázar, un juego de miradas, 2008, Revista Casa de las Américas, 250.
- XIII Encuentro Internacional de Poetas, 2008, Editorial Cat. Zamora, Michoacán, México.
- XIV Encuentro Internacional de Poetas, 2010, Editorial Cat. Zamora.
- Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega. Apuntes para no disolverse en la común semilla del tiempo, 2012, Endymion.
- Los mejores poemas de amor, 2013, Pigmalión.
Premios
editar- Premio Cidade de Ourense no 1980, por A fonte abagañada.
- Premio Xerais de 1988, por O bosque das antas.
- Premio de poesía Cidade de Ourense no 2007, por Miño.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2010, por Bater de sombras.
- Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do 2012, por A noite branca.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción de 2014, por O soño galego de Julio Cortázar.
- Premio á mellor obra infantil de 2018 na IV Gala do Libro Galego, por Os contos da avoa Pepa.
- Premio Proxecto Máscaras de Boas Prácticas Cidadás 2020, polo activismo cultural e social.
- Dixeches, escollido por votación popular como 2º mellor poema galego publicado no ano 2020, na convocatoria de aRi[t]mar, promovida pola Escola de Idiomas De Santiago de Compostela, en colaboración con institucións de Galicia e Portugal.
- Diploma de Poetae Insignis da Comissioni di Lettura Internazionale, Trento, Italia.
- Premio Follas Novas do Libro Galego de ensaio e investigación do ano 2023 por Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo.[10]
Obras de teatro representadas
editar- Non se che faga tarde. Monólogo representado pola actriz María Inés Cuadrado e dirixido pola directora de cine uruguaia Manane Rodríguez.
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Naval, Francisco". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 208. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Sombras en el laberinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "A noite branca (ru)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "El espíritu del bosque". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Suso Espada. El misterio del Grial". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Suso Espada, Estambul y el caballito de oro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Suso Espada, Istanbul eta urrezko zalditxoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Suso Espada, Istanbul i el cavallet d'or". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ "Golpear de sombras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-03.
- ↑ Premios Follas Novas do Libro Galego: olla aquí todos os galardóns da novena edición, Nós Diario, 2024.