O Pereiro de Aguiar

concello da comarca de Ourense, na provincia de Ourense
(Redirección desde «Pereiro de Aguiar»)

O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

O Pereiro de Aguiar
Escudo do Pereiro de Aguiar
Encoro de Cachamuíña, na parroquia da Lamela, durante a seca do inverno 2011-2012.
Situación
Xentilicio[1]pereirense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación6.609 hab. (2022)[2][3]
Área60,9 km²[3]
Densidade108,52 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Política (2023 [5])
AlcaldeLuís Menor (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes48,74%
Na rede
concellopereiro.com
editar datos en Wikidata ]

Demografía editar

Censo total 6228 (2017)
Menores de 15 anos 870 (13,97 %)
Entre 15 e 64 anos 3812 (61,21 %)
Maiores de 65 anos 1546 (24,82 %)
Evolución da poboación de O Pereiro de Aguiar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
6.731 6.681 6.975 6.121 5.391 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello, de 60,9 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sur do río Miño.

Historia editar

Existen petróglifos e restos de mámoas-medorras.[Cómpre referencia] Da Idade do Ferro son os castros de Chaodarcas, Covas, Melias, Sabadelle e Outeiromeau. No lugar dos Baños atopáronse restos de cerámica e lápidas da época da romanización de Galiza.

Festas editar

A romaría dos Gozos ten lugar no santuario da Nosa Señora dos Gozos. Nela hai oficios relixiosos, unha novena en honor á Virxe e unha procesión con numerosas ofrendas.

Infraestruturas editar

No concello está o centro penitenciario do Pereiro de Aguiar.

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Pereiro de Aguiar

Calvelle (San Miguel) | Chaodarcas (Santa Ana) | Covas (San Cibrao) | A Lamela (Santa María) | Melias (Santa María) | Prexigueiró (San Salvador) | Sabadelle (San Martiño) | San Martiño de Moreiras (San Martiño) | San Xoán de Moreiras (San Xoán) | Santa Marta de Moreiras (Santa Marta) | Tibiás (San Bernaldo) | Triós (San Pedro) | Vilariño (Santa Cristina)

Lugares do Pereiro de Aguiar editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Pereiro de Aguiar vexa: Lugares do Pereiro de Aguiar.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "O Pereiro de Aguiar".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.