A Peroxa

concello da comarca de Ourense, na provincia de Ourense

Coordenadas: 42°26′25.6″N 07°47′39.3″O / 42.440444, -7.794250

A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.902 habitantes.

A Peroxa
Escudo da Peroxa
Castelo da Peroxa.JPG
Situacion A Peroxa.PNG
Situación
Xentilicio[1]peroxense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación1.805 hab. (2022)[2][3]
Área54,5 km²[3]
Densidade33,12 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Política (2019[5])
AlcaldeManuel Seoane Rodríguez (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais na Peroxa
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes78,79%
Na rede
http://www.aperoxa.es
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

O concello, situado na comarca de Ourense, ten 54,5 km². O seu relevo está estruturado en tres zonas: unha de montaña baixa (entre 600 e 800 m), que abrangue as parroquias de Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. A topografía é bastante accidentada, formada por numerosas lombas desgastadas pola erosión.

Entre os 400 e 600 metros de altitude están as parroquias de Gueral, Villarrubín e A Peroxa. Esta zona, coñecida como Os Chaos, é máis chaira.

A terceira unidade xeográfica está formada polas terras de val situadas a carón do río Miño e do seu afluente o río Barra, que xunto co río Búbal e o rego de Lentomil, configuran a rede fluvial do concello.

O clima é oceánico con matices meridionais, o que propicia unha vexetación variada, predominando as especies arbóreas autóctonas (piñeiros, carballos, castiñeiros e abeneiros nos vales), mentres que na zona de monte predominan os matos.

PoboaciónEditar

Censo total 1.902 (2017)
Menores de 15 anos 83 (4.36 %)
Entre 15 e 64 anos 1.047 (55.05 %)
Maiores de 65 anos 772 (40.59 %)
Evolución da poboación de A Peroxa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
6.564 7.416 5.929 4.227 2.502 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

HistoriaEditar

Atopáronse restos arqueolóxicos paleolíticos, e existen restos de poboados castrexos. Coa romanización de Galicia, construíuse a vía entre Aquas Flavias e Lugo, que posibilitou a formación de novos núcleos de poboación.

Durante a Idade Media foi significativa a presenza do Conde de Ribadavia, que chegou a dominar a maior parte das parroquias que integran o municipio. Tamén foi importante o señorío exercido pola diocese de Ourense, que administrou Vilarrubín e Toubes, mentres que a parroquia de Armental pertenceu ao señorío de Pedro Losada e a de Beacán ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Xa na Idade Contemporánea, por mor das excesivas cargas fiscais ás que estaba sometido o campesiñado da zona, creáronse nas parroquias de Graices e O Souto organizacións agrarias de carácter revolucionario (agrarismo), coa finalidade de rematar co sistema feudal e combater os abusos dos señoríos, que mantiveron os seus privilexios a través do cobro de cuantiosas rendas en especies até finais da década de 1920.

PatrimonioEditar

Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o castelo da Peroxa, destruído no século XX para construír a nova igrexa parroquial.

A igrexa de San Xinés conta cunha torre barroca con dupla balconada. No retablo da igrexa de Graíces, do século XVII, traballou o escultor ourensán Alonso López.

Entre os pazos e casas grandes destaca a casa da Torre (Graíces), as de Souto e Cinconogueiras e os Pazos de Turbisquedo (convertido nunha casa de turismo rural), Redondelle (Sano Equis), Ansariz (Armental) e o de Láncara.

FestasEditar

Na Peroxa ten lugar a feira os días 13 e 27 de cada mes; se estes días caen en domingo, a feira pasa a ser o sábado anterior, ou sexa, os días 12 e 26. Entre a súa gastronomía destaca a carne de vitela ao caldeiro.

A romaría da Virxe das Neves (Graíces) celébrase a primeira semana de agosto.

A romaría da Virxe do Santo Amparo (Carracedo) celébrase o segundo domingo de setembro, nunha pequena capela no Campo do Amparo.

A romaría da Virxe da Saúde (Mirallos) celébrase o terceiro domingo de setembro, nunha ermida no monte de San Nicolás.

A romaría da Virxe do Rosario (Vilarrubín) celébrase o primeiro domingo de outubro.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes da Peroxa.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Peroxa

Armental (San Salvador) | Beacán (Santa María) | Carracedo (Santiago) | Celaguantes (San Xulián) | Graíces (San Vicente) | Gueral (San Martiño) | Mirallos (Santa María) | Os Peares (Nosa Sra. do Pilar) | A Peroxa (Santiago) | San Cibrao de Armental (San Cibrao) | San Xes da Peroxa (San Xes) | O Souto (San Cristovo) | Toubes (Santiago) | Vilarrubín (San Martiño)


Lugares da PeroxaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Peroxa vexa: Lugares da Peroxa.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "A Peroxa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Peroxa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.