Mirallos, A Peroxa
Santa María de Mirallos é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 120 habitantes (60 homes e 60 mulleres), sete menos ca en 2006.
Mirallos | |
---|---|
Vista do lugar de Mirallos. | |
Concello | A Peroxa[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°28′19″N 7°47′31″O / 42.47188889, -7.79202778 |
Poboación | 80 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarAdemais da igrexa parroquial de Santa María está a capela de San Nicolao, na que se celebra a romaría da Virxe da Saúde cada terceiro domingo de setembro. A romaría comeza coa novena previa, con misas todos os días. O venres á noite celébrase unha procesión de fachos. O terceiro sábado de setembro sóbese a Virxe da Saúde en procesión dende a igrexa parroquial ata a ermida de San Nicolao, e báixase de volta o sábado seguinte.
Tamén se celebran outras festividades, como o Santo Antonio o 13 de xuño e o San Benito o 11 de xullo[2]
Toponimia
editarSegundo Nicandro Ares Mirallos vén do antropónimo gótico Mirualdus, serían as súas posesións.[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Mirallos
editarLugares da parroquia de Mirallos no concello da Peroxa (Ourense) | |
---|---|
Berdelle | Bouza Longa | As Casarizas | Fontefría | Mirallos | Salceda | San Nicolao | Senón |
Parroquias da Peroxa
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Festas e Romarías Arquivado 24 de novembro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web do Concello da Peroxa.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo I. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.