Graíces, A Peroxa
parroquia civil do concello da Peroxa
San Vicente de Graíces é unha parroquia pertencente ao concello da Peroxa, na provincia de Ourense. Cunha extensión de 4,81 km² posuía no censo de 2014 unha poboación de 215 habitantes.[2]
Graíces | |
---|---|
Igrexa de San Vicente de Graíces | |
Concello | A Peroxa[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°25′19″N 7°47′22″O / 42.42205556, -7.78944444Coordenadas: 42°25′19″N 7°47′22″O / 42.42205556, -7.78944444 |
Área | 4,81 km² |
Poboación | 215 hab. (2014) |
Densidade | 44,7 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |

Patrimonio Editar
- Pazo de Láncara: típica casa da fidalguía galega situada no núcleo que dá nome á parroquia. É un pazo de planta rectangular. Presenta unha solaina na fachada principal. Posúe tamén varios escudos na mesma fachada que o vinculan con distintas liñaxes.
- Igrexa de San Vicente de Graíces: igrexa do século XVII de estilo barroco. De planta rectangular, é o típico exemplo de arquitectura relixiosa rural. No seu interior destaca un retablo barroco no que traballou o escultor ourensán Alonso López.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Graíces Editar
Lugares da parroquia de Graíces no concello da Peroxa (Ourense) | |
---|---|
Andelo | Barra de Cima | Carballedo | O Casar | O Fontaíño | Graíces | Gulfariz | Louredo | Mereixe | A Peroxa Vella | Pousada | Santa Ouxea | Vilerma | Vispín |