Agrarismo
O movemento agrario ou agrarismo foi un movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.
O 28 de xaneiro de 1906 promúlgase a lei de sindicatos agrícolas. Dita lei permite a asociación de campesiños en cámaras agrarias ou comunidades para a adquisición de abonos, trebellos, ou para acadar unha correcta exportación de produtos. Así a todo, o movemento agrario rematou por se-la expresión do conflito social de maior relevo, un conflito que acontece no primeiro terzo do século XX ó reaccionaren os campesiños ante a problemática que se estaba a sufrir no rural, ante o caciquismo, ante os foros... Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.
Solidaridad Gallega recolle o testemuño de Acción Regionalista de Alfredo Brañas e expresa violentamente a vontade campesiña con graves motíns que culminan cos 9 mortos e 27 feridos dos acontecementos de Oseira en 1909.
Cando o rexionalismo estaba xa case extinguido, no que tiña de acción política organizada, xorde unha nova formación do galeguismo: Solidaridade Gallega.
Acción Gallega (ou Acción Galega) foi o nome dun dos máis importantes movementos agrarios e anticaciquís na Galiza do século XX. De carácter decididamente antiforal, redencionista, na súa primeira formulación, constituíu a variante radical do agrarismo galego na década de 1910.
Orixe e evolución
editarOrixe
editarO 28 de xaneiro de 1906 promúlgase a lei de sindicatos agrícolas, que permitía a asociación de campesiños en cámaras agrarias ou comunidades para a adquisición de fertilizantes e trebellos e para acadar unha correcta exportación de produtos. Así a todo, o movemento agrario rematou por se-la expresión do conflito social de maior relevancia, un conflito que acontece no primeiro terzo do século XX ó reaccionaren os campesiños ante o caciquismo, os foros e a problemática que se estaba a sufrir no rural.
Pódense establecer catro etapas na evolución dos movementos agrarios:
1ª etapa
editar- A primeira etapa do agrarismo sitúase entre 1907 e 1915, durante a Restauración borbónica en España. Cando o rexionalismo estaba xa case extinguido no que tiña de acción política organizada, xorde unha nova formación do galeguismo, Solidaridad Gallega, que recolle o testemuño de Acción Regionalista de Alfredo Brañas (desaparecida en 1900) e expresa violentamente a vontade campesiña con graves motíns que culminan cos 9 mortos e 27 feridos dos acontecementos de Oseira en 1909[1].
A orixe deste movemento está na experiencia iniciada con éxito en Cataluña cando Salmerón concibe un pacto electoral pragmático, superador das diferencias partidistas [...] En 1907 preséntase Solidaridade que obtén un clamoroso éxito[2].
No programa de Solidaridad Gallega predomina a idea de defender Galicia, inda que, como sinala Xosé Ramón Barreiro, o programa resulta moi inconcreto. Fórmana republicanos, carlistas e rexionalistas (Murguía, Pondal, Uxío Carré Aldao). Recollen a radicalización da loita agraria, conseguen multitudinarias concentracións e vitorias parciais nas eleccións municipais, inda que non representación parlamentaria. O seu órgano de expresión será A Nosa Terra e constitúe o vencello entre o rexionalismo e o nacionalismo.
Entre 1912 e 1913 a expansión do agrarismo vai acompañada de cambios nas súas correntes internas. Establécense dúas grandes liñas: a social católica e a laica. A primeira promoveu o cooperativismo e tratou de manter viva a influencia tradicional da Igrexa no mundo rural, afastando aos campesiños dos partidos democráticos. Creceu moito grazas á acción dos párrocos e propagandistas. Na década de 1920 tiña uns 500 sindicatos e 45.000 afiliados. O agrarismo laico insistiu na desaparición do foro, organizou boicots ao pago de rendas e impostos, foi máis permeable á influencia de republicanos e galeguistas e apoiou os esforzos por democratizar o sistema. A súa primeira organización foi a Liga de Acción Galega (1910-1914), dirixida paradoxalmente por un cura, Basilio Álvarez, famoso polas súas multitudinarias concentracións e a súa fogosa oratoria contra foros e caciques.[3]
Outras organizacións agrarias relevantes desta primeira etapa son Unión Campesiña e Acción Gallega, fundada en 1910 por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).
2ª etapa
editarNa segunda etapa (1917-1923), a combatividade dos labregos é enorme. Chegan a se enfrontaren coa Garda Civil por procuraren a redención dos foros pretendendo que non haxa ningunha indemnización ós antigos propietarios. Como consecuencia da presión exercida produciranse as redencións masivas de foros que a ditadura de Primo de Rivera promulgou co decreto de 1926 que permitía ós campesiños ser donos do seu terruño.
3ª etapa
editarNos anos da ditadura de Primo de Rivera proliferan sindicatos de signo católico que tenden a se confundir co poder do Estado. As súas actividades redúcense á organización da agricultura e á divulgación de fertilizantes e maquinaria polas aldeas galegas.
4ª etapa
editarNa segunda República o movemento agrario diversifícase por mor de múltiplas tendencias ideolóxicas (católica, comunista, nacionalista) e ve minorada a súa forza.
Tanto Antonio Noriega Varela como Ramón Cabanillas foron escritores comprometidos co movemento agrarista.
Notas
editar- ↑ Prieto, Victorino Pérez (1988). A xeración "Nós": galeguismo e relixión. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-630-2.
- ↑ Barreiro Fernández: Historia de Galicia IV. Galaxia. Vigo 1981
- ↑ Beramendi, Justo; "Historia mínima de Galicia"
Véxase tamén
editarBibliografías
editar- "agrarismo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "AGRARISMO". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.