Solidaridad Gallega

organización política rexionalista galega

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912.

Solidaridad Gallega
Tipopartido político
Ideoloxíarexionalismo galego
Data de fundación1907
Data de disolución1912
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
A Nosa Terra foi o voceiro de Solidaridad Gallega.

Historia editar

Tralo triunfo electoral da Solidaritat Catalana en 1906, en Galicia aumentan os contactos entre as forzas da oposición para o establecemento dunha forza política que aglutinase os sectores contrarios ao turnismo.

No verán de 1907, 44 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos dirixidos por José Rodríguez Martínez, os republicanos federais de Moreno Barcia, os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella, os socialcatólicos e os rexionalistas de Manuel Murguía, Galo Salinas e Eugenio Carré. O Manifesto foi redactado polo ferrolán Rodrigo Sanz López, e o primeiro mitin levouse a cabo en Betanzos, o 6 de outubro de 1907.[1]

Esperaban conseguir uns deputados e armar así unha fronte cívico-política que inicie a rexeneración de Galicia e contribuíse á de toda España. Nun primeiro momento, o movemento radicou sobre todo na Coruña e na súa área de influencia. Organizáronse grandes concentracións nas que os dirixentes galegos (o rexeneracionista Rodrigo Sanz, o carlista Juan Vázquez de Mella, os rexionalistas Manuel Lugrís e Juan Golpe) compartiron plataforma con personaxes da irmá catalá que viñeron botar unha man, como os republicanos Nicolás Salmerón e Josep Vallès i Robot ou o catalanista Lluís Durán i Ventosa. Porén, Solidariedade Galega non gañou ningún escano.[2] O anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario foron os dous piares da organización. Baixo o seu patrocinio formáronse 400 sociedades agrarias, pero en 1911 só 85 permanecían afiliadas á SG.

 
Solidaridad Gallega. Órgano semanal de la Junta solidaria de la Coruña.

Nas eleccións municipais de 1909 obtivo 258 concelleiros na provincia da Coruña (maioría absoluta en 12 concellos e minoría significativa noutros 7), pero as diferenzas entre os membros da organización impediron a súa consolidación. Nas municipais de 1910 sufriu un rotundo fracaso.

Solidarismo Gallego foi o seu órgano oficial, aparecido en decembro de 1907 da man de Rodrigo Sanz, na Coruña. Pechou ó cabo de 10 números, o 16 de abril de 1908, para ser substituído polo semanario Solidaridad Gallega, tamén dirixido por Rodrigo Sanz e que desapareceu en 1911 ou 1912. A facción republicana e esquerdista editou Galicia Solidaria entre 1907 e 1908.

Pola súa iniciativa, chegáronse a convocar a I Asemblea Agraria de Galicia celebrada en Monforte de Lemos en 1908, que tivo continuidade noutras seis.[3]

Notas editar

  1. Barreiro Fernández, op. cit. páx. 229
  2. Beramendi, Justo.; "Historia mínima de Galicia"
  3. Barreiro Fernández, op.cit. páx 146.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar