Galicia Solidaria
Galicia Solidaria foi un semanario editado na Coruña entre 1907 e 1908.
Galicia Solidaria | |
---|---|
Localidade | A Coruña |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 29 de xuño de 1907. Heraldo da facción republicana e esquerdista de Solidaridad Gallega, publicábase os luns. O seu xerente era Antonio Santiago Taín, vocal da Junta Solidaria da Coruña, e estaba dirixido por José Rodríguez Martínez (o Médico Rodríguez). O semanario emprendeu iniciativas de carácter político e cultural como a publicación do folleto Catecismo solidario (elaborado sobre o patrón do Catecismo do labrego), do que se realizou unha tirada de 10.000 exemplares en edición bilingüe (galega e castelá), distribuídos en feiras e mitins como unha nova forma de propaganda agraria; e o lanzamento de Conversa entre Xacobe e Farruco por entregas. Desapareceu en decembro de 1908 debido ao abandono do movemento por parte dos seus principais promotores.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Galicia Solidaria". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Solidaria". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.