José Rodríguez Martínez (médico)
José Rodríguez Martínez, coñecido como Médico Rodríguez, nado na Coruña en 1856 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1921, foi un médico, escritor e xornalista galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1856 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 18 de marzo de 1921 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, médico ![]() |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Rodríguez Martínez (José), p.388) ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1880. Realizou unha estada en Valencia como colaborador na loita contra o cólera. Creou varios centros de vacinación na Coruña. Dirixiu o periódico El Centro Galaico, fundou as revistas Galicia Médica e Revista Médico-Social e chegou a ser redactor xefe de La Voz de Galicia. Tamén colaborou nos periódicos El Esclavo, La Pelea, El Pueblo, El Cardenal, Lectura Popular, La Unión Republicana e El Bochiche.
As súas ideas republicanas levárono a asinar no verán de 1907 o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega da que foi director do seu órgano de prensa Galicia Solidaria. En 1908 abandonou Solidaridad Gallega.
En 1909 fundou na rúa de Santo André da Coruña unha moderna casa de cirurxía co nome da deusa grega Higia, no que había novidades coma incubadoras para nenos prematuros. A clínica desapareceu en 1921 coa morte do seu fundador.[1]
Obras
editar- Valencia-Galicia, estudo práctico acerca del tratamiento más eficaz del cólera morbo asiático, método seguido en la epidemia colérica de Valencia del presente año Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine., 1885.
- De La Coruña a la carcel, 1893.
- Los desastres y la regeneración de España Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine., 1893.
- Defensa contra la tuberculosis, 1905.
- Solidaridad Gallega. Los grande simuladores y el médico Rodríguez, 1908.
- Manual completo de la gripe, 1918.
- Colón español, hijo de Pontevedra, 1920.
Homenaxes
editarEn 1933 inaugurouse un monumento ao Médico Rodríguez na praza de Ourense da Coruña.
Notas
editar- ↑ Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Rodríguez Martínez |
Bibliografía
editar- Xosé A. Fraga Vázquez (2013). Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega, ed. "José Rodríguez Martínez". Consultado o 21/01/2017.
Ligazóns externas
editar- Fernández Caamaño, José M. (7-2-2016). "El médico que no entendía de horarios ni clases sociales". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2-1-2017.
- "José Rodríguez Martínez (médico)". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.