El Centro Galaico
periódico republicano da Coruña
El Centro Galaico foi un periódico editado na Coruña entre 1891 e 1893.
Historia e característicasEditar
Subtitulado Periódico semanal republicano apareceu en xaneiro de 1891[1]. De periodicidade semanal, aparecía os sábados; despois pasou a ser bisemanal, aparecendo os mércores e sábados, e cambiou o subtítulo por Periódico republicano. Fundado polo Comité do Partido Centralista, estaba dirixido por José Rodríguez Martínez. Cesou a súa edición non antes de marzo de 1893.
NotasEditar
- ↑ Gaceta de Galicia, 24-1-1891, p. 2.