José Antonio Durán

historiador galego

José Antonio Durán Iglesias, nado en Requejo de Sanabria (Provincia de Zamora) o 15 de maio de 1941 e finado en Pontevedra o 29 de agosto de 2020,[1] foi un escritor e investigador galego.

José Antonio Durán
Nacemento15 de maio de 1941
Lugar de nacementoRequeixo de Seabra
Falecemento29 de agosto de 2020
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e historiador
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de galegos, criouse en Pontevedra, onde residían os seus pais e onde fixo o bacharelato. Diplomado en Maxisterio en Pontevedra e licenciado en Ciencias da Educación en Madrid, traballou como técnico en planificación educativa. Dende 1972 dedicouse aos estudos históricos e sociolóxicos. As súas investigacións centráronse no estudo da sociedade galega, do agrarismo e dos poderes locais. Colaborou en A Nosa Terra, Boletín da Real Academia Galega, Estudios de Historia Social, Triunfo, Diario de Pontevedra, Tiempo de Historia, La Voz de Galicia e El País.

Dirixiu, produciu e escribiu o guión dos vídeos Republicanismo histórico coruñés: 1868-1936 (2001) e Triunfo y tragedia de los Casares: de La Coruña al escenario universal (2001). Recibiu o premio do Instituto Nacional del Libro e o Premio Fernández Latorre (1976).

Escribiu no prestixioso blog de Internet La Cueva de Zaratustra

ObrasEditar

  • Historia de caciques, bandos e ideologías en la Galicia urbana. Rianxo 1910-1914 (1972)
  • El primer Castelao. Biografía y antologías rotas (1909-1916) (1972)
  • Cronicas 1. Agitadores, poetas, caciques, bandoleros y reformadores en Galicia (Colección Arealonga, 1974)
  • Agrarios del minifundio. La prensa agraria, 1900-1912 (1975)
  • Agrarismo y movilización campesina en el país gallego, 1875-1912 (1976)
  • Castelao en "El Sol" (1976)
  • Crónicas 2. Entre el anarquismo agrario y el librepensamiento (Colección Arealonga, 1977)
  • Galicia. Realidad económica y conflicto social (1978)
  • Crónicas 3. Entre la Mano Negra y el nacionalismo galleguista (1981)
  • Aldeas, aldeanos y labriegos en la Galicia tradicional (1984)
  • "Antonio Losada Diéguez, perfil dun agrarista" en Beramendi, J., ed. (1985). Losada Diéguez. Obra completa. Xerais. ISBN 84-7507-181-3. [2]
  • Crónicas 4. Conflictos de hoy, historias románticas y diarios modernos (1986)
  • Camilo Díaz Baliño. Crónica de otro olvido inexplicable (1990)
  • A loita pola vida (1833-1923). Conflictos e tenruras de Manuel Murguía. Fundación Caixa Galicia-RAG (1999)
  • Alfredo Vicenti, "El maestro" del periodismo español (Santiago, 1850 / Madrid, 1916) (2001)
  • Galiciana básica de Alfredo Vicente (poesía e prosa, 1868-1916) (2001)
  • Cesáreo González, el empresario espectáculo. Viaje al taller de cine, fútbol y varietés del general Franco (2003)
  • Historia e lenda dos Muruais. Do folletín posromántico ó andel modernista (2004)
  • Los Vega. Memorias íntimas de Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (Coruña, 1805-1872) (2006)
  • Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais).

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar