Xosé Ramón Barreiro

historiador galego

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936 e finado na Coruña o 17 de marzo de 2021,[1] foi un historiador galego e presidente da Real Academia Galega de 2001 a 2009.[2] Foi membro do consello asesor da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do Centro de Estudios Xacobeos, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, do Seminario de Estudos Galegos e do Consello da Cultura Galega.

Xosé Ramón Barreiro
Nacemento2 de decembro de 1936
 Ribeira
Falecemento17 de marzo de 2021
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterPontificia Universidade Gregoriana e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador e profesor universitario
CónxuxeBeatriz López Morán
XénerosEnsaio
EstudosDereito, Filosofía e Letras
Na rede
Bitraga: 624 Dialnet: 519927
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma.[1] Foi sacerdote, e exerceu no poboado construído durante a construción do encoro de Portodemouros.[3] En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O campesino galego no século XIX: economía e sociedade e foi catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi o primeiro decano, elixido democraticamente, da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.[1] Desde o 20 de decembro de 2001 até o 23 de xaneiro de 2010 foi presidente da Real Academia Galega, substituíndo a Francisco Fernández del Riego.[4]

Entre as súas achegas ao campo xurídico destacan, entre outras, El origen litúrgico del Derecho Canónico ou La estabilidad del beneficio mentres que a súa obra histórica repártese en numerosos libros e estudos. Barreiro Fernández participou en diversos congresos nacionais e internacionais, dirixindo os organizados sobre Estudos Xacobeos (1970), Rosalía de Castro (1985) e Ramón Otero Pedrayo (1988).

Os seus traballos de investigación céntranse sobre todo na historia contemporánea de Galiza e están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego. Destacan: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), obra pola que recibiu o Premio da Crítica 1982, La imprenta en Galicia (1982), Historia de la imprenta en Galicia (1990) ou os catro volumes dedicados ós séculos XIX e XX que publicou dentro do proxecto editorial Galicia (1991).

Foi un dos creadores do Clube Nacionalista Alén Nós.[2]

Obra en galego editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

 
A gran historia de Galicia.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Maruja Mallo, una memoria en construcción: series y obras desconocidas de la etapa americana (Galaxia, 2016; con Beatriz López Morán)

Recoñecementos editar

Ademais do Premio da Crítica co que foi galardoado en 1982 e a Medalla Castelao (1991),[1] Barreiro Fernández recibiu o Premio Televisión Española en Galicia (1988).

Obra en homenaxe á súa figura
  • 2008: A patria enteira: homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández (Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega). Editores: Xosé Luís Axeitos, Emilio Grandío e Ramón Villares.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (17 de marzo de 2021). "Falece aos 84 anos o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández". La Voz de Galicia. Consultado o 7 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 García Iglesias, José Manuel (18 de marzo de 2021). "Xosé Ramón Barreiro". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2021. 
  3. Fernández Ferreiro, José (12 de febreiro de 1966). "El salto de Portodemouros entrará en servicio en los primeros meses de 1967". La Noche. p. 30. 
  4. "Xosé Ramón Barreiro, novo presidente da Real Academia Galega". La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 25 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Francisco Fernández del Riego
  
Presidente da RAG
 
2001–2010
Sucesor:
Xosé Luís Méndez Ferrín