Antonio Benito Fandiño
Antonio Benito Fandiño Martínez, nado na parroquia de Santa María do Camiño (Santiago de Compostela) o 22 de xullo de 1779 e finado cara a 1834[1], foi un destacado liberal e escritor en lingua galega.
Antonio Benito Fandiño | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1779 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 1834 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Nado no seo dunha familia afidalgada procedente de Albixoi (Mesía). Levou unha vida axitada e turbulenta, debido á súa ideoloxía política. Debido ao seu desacordo coas autoridades civís e eclesiásticas, Fandiño comezou a colaborar con medios de difusión liberal, o cal lle custou varias estadías na cadea.
Durante a primeira delas (1810-1814) escribiu A casamenteira (1812), a primeira obra teatral do século XIX conservada. A partir de 1820, dirixiu El Heráclito Español y Demócrito Gallego. Colaborou tamén en Gazeta Marcial y Política de Santiago e Diario Cívico-Patriótico. Fandiño foi moi perseguido a partir do cambio político de 1823, máis tarde foi condenado a traballos forzados no canal de Castela. Cumpriu presidio en Valladolid.
En 1849, celebrouse unha homenaxe na súa honra en Ourense, con motivo do cal se publicou A Casamenteira.
Segundo Ricardo Carvalho Calero, Fandiño é tamén autor do Villancico que en la nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago (en castelán), unha Alborada, unha Moiñeyra e mais un Alalá (en galego).
Notas Editar
- ↑ Xosé Ramón Barreiro Fernández di que foi en 1832 en "A esaxerada vida de Antonio Benito Fandiño", A casamenteira, 2000.
Ramón Mariño Paz di que foi cara a 1834 posto que o seu testamento é de 1834, en "Análise lingüística da obra en galego de Benito Fandiño Paz", Papés d'emprenta condenada II, 2008.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Fandiño, Antonio Benito; Xosé R. Barreiro, Laura Tato e Carmen Blanco (intro.) (2000). Linteo, ed. A casamenteira. Ourense. ISBN 84-930058-6-X.