Abrir o menú principal

Albixoi, Mesía

parroquia civil do concello de Mesía

Coordenadas: 43°05′18″N 8°12′25″O / 43.08831, -8.20701

Albixoi
Igrexa de Albixoi.JPG
Igrexa parroquial de Santa Mariña.
ConcelloMesía
Área8,48 km²
Poboación140 hab. (2016)
Densidade16,51 hab./km²
Entidades de poboación17

Santa Mariña de Albixoi é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 140 habitantes (72 mulleres e 78 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de Santa Mariña de Albixoi, de finais do século XVI, é un exemplo de construción rural de gran sinxeleza e sobriedade. Albergou un retablo do século XVIII realizado por Casas e Novoa que foi destruído cara a 1964.

Na aldea de Xestosa consérvanse os restos dun pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado e úlceras...

FestasEditar

  • Corpus Christi o 15 de xuño.
  • Santa Mariña, 15 e 16 de xullo.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar