Cumbraos, Mesía
Coordenadas: 43°05′16″N 8°11′06″O / 43.08781, -8.18487
Santa María de Cumbraos[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 228 habitantes (111 mulleres e 117 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 262 habitantes.
Cumbraos | |
---|---|
![]() | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 7,38 km² |
Poboación | 228 hab. (2016) |
Densidade | 30,89 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
ToponimiaEditar
O topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento poboacional nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.[2]
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial de Santa María de Cumbraos data do século XIII. No seu interior atópase un retablo barroco sen ornamentación.
FestasEditar
- Virxe do Rosario os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.
- Santa María o 15 de agosto.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cumbraos, Mesía.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CumbraosEditar
Lugares da parroquia de Cumbraos no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
A Brea | A Cabra | Os Carballás | Castiñeiras | O Castrallón | Fachas | Fonte Fría | A Granxa | A Igrexa | O Maruzo | O Mesón de Varela | Montouto | O Piñeiro | A Porta das Matas |
Parroquias de MesíaEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Villares, Ramón (2004). Edicións Xerais de Galicia, eds. Historia de Galicia. Vigo. p. 86. ISBN 9788482886558.