Mesía, Mesía
San Cristovo de Mesía é unha parroquia do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 359 habitantes (199 homes e 160 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 531 habitantes.
Mesía | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Cristovo. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°06′50″N 8°16′28″O / 43.11401, -8.27439Coordenadas: 43°06′50″N 8°16′28″O / 43.11401, -8.27439 |
Área | 14,26 km² |
Poboación | 359 hab. (2023) |
Densidade | 25,18 hab./km² |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLocalízase ao oeste do concello. Limita ao noroeste con Visantoña, ao suroeste con Olas, ao sueste con Xanceda, ao leste con Bascoi e ao norte co concello de Oza-Cesuras.
Caracterízase por ser accidentada con dúas zonas de pendentes diferenciadas. Por un lugar, a pendente acusada, na galla dun 13 a un 25 %, ao leste do río Samo e por outro lugar, unha pendente máis suave, dun 6 a un 13 % de pendentes, ao leste do río Samo. As cotas máis altas danse nesa primeira zona, chegando aos 462 metros de altitude no Monte Alfonsín.
Comunícase a través da estrada AC-223.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Cristovo de Mesía data do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, encabezadas pola imaxe de San Cristovo.
O Pazo de Recelle data do século XVII, ten escudo na fachada. A estrutura é unha planta rectangular. Nas inmediacións atopamos un hórreo de tres cepas e unha fonte con pía de cantería.
Festas
editar- As Misas, na fin de semana despois de Corpus.
- San Cristovo, segunda fin de semana de xullo.
- Virxe das Mercedes o 8 e 9 de setembro.
- “Romaría dos Quintos” o 24 de setembro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Mesía
editarLugares da parroquia de Mesía no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Afonsín | Alvite | Amil | Areosa | Astrai | O Campo | A Castiñeira | O Cruceiro | O Curro | A Escaravelleira | Feás | Feás de Arriba | Fondo da Aldea | Gudín | A Igrexa | Leborís | O Monte | Nosiño | O Outeiro | Recelle | Sobrado | Tiñoso | A Torre | Vilar |