Xanceda, Mesía

parroquia civil do concello de Mesía

San Salvador de Xanceda é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2021 tiña 304 habitantes (150 homes e 154 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha constante diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 389 habitantes, e ao ano 1999, con 407 habitantes.

Xanceda
Mesía, Xanceda 01-04.JPG
Casa do concello.
ConcelloMesía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°04′38″N 8°14′40″O / 43.07708393, -8.2445352Coordenadas: 43°04′38″N 8°14′40″O / 43.07708393, -8.2445352
Área16,33 km²
Poboación304 hab. (2021)
Densidade18,62 hab./km²
Entidades de poboación18[1]
editar datos en Wikidata ]

A capital municipal localízase no lugar do Campo das Mentiras.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de San Salvador de Xanceda data do século XVIII, ten planta en cruz latina. No interior sepárase o presbiterio do resto da construción por un arco de triunfo.

A Casa Grande de Xanceda era unha casa señorial dedicada á explotación agrícola. Foi construída no século XVIII e pertenceu ao Marquesado de San Martiño de Ombreiro. Ten planta en de forma de L e conserva unha pequena torre cadrada. A Casa cumpriu as funcións de concello ata hai uns cincuenta anos.

O castro de Xanceda, no cal se atopou en 1974 o denominado tesouro de Xanceda, que está depositado no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.[2]

FestasEditar

  • As Misas o 6 de agosto.
  • San Bartolomeu o 24 e 25 de agosto.
  • O Divino Salvador o 25 e 26 de decembro.

Galería de imaxesEditar

Tesouro de Xanceda. 
Torque datado no 200-50 a. C. 
Outro dos torques do tesouro 

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de XancedaEditar

Lugares da parroquia de Xanceda no concello de Mesía (A Coruña)

Arosa | O Beledo | Os Camiños | O Campo das Mentiras | O Campo | A Casagrande | A Casanova | O Castro | Os Corrillos | O Couto | A Fonte | A Fraga | A Igrexa | Mata | As Pereiras | Pereiruga | Reboredo | Xanceda Vella

Parroquias de MesíaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar