Castro, Mesía
San Sebastián de Castro[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2021 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.
Castro | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Sebastián. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°03′48″N 8°10′38″O / 43.0634, -8.1773 |
Área | 4,86 km² |
Poboación | 100 hab. (2021) |
Densidade | 20,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarA orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3]
Patrimonio
editarNo lugar do Lago, hai un pazo do século XVII, de estilo barroco, que posúe unha pequena capela cun retablo do ano 1842.
Pazo da Casa da Vila, do século XIX, mandado construír por Saturnino Aller Rodríguez, que foi presidente da Deputación da Coruña. Posúe unha boa biblioteca e un observatorio na parte máis alta, pois alí viviu Ramón María Aller Ulloa, coñecido astrónomo, sobriño do antigo dono.
Festas
editar- San Sebastián, o 20 de xaneiro.
- Corpus Christi, o 8 e 9 de xullo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Castro
editarLugares da parroquia de Castro no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
A Carballeira | Gosende | A Igrexa | O Lago | O Pazo | A Ponte | Receá | O Telleiro | A Vila | As Xunqueiras |
Parroquias de Mesía
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
- ↑ "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.