Olas, Mesía
San Lourenzo de Olas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2021 tiña 250 habitantes (129 mulleres e 121 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.
Olas | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de San Lourenzo. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°06′17″N 8°18′38″O / 43.10477723, -8.31066949Coordenadas: 43°06′17″N 8°18′38″O / 43.10477723, -8.31066949 |
Poboación | 250 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial de San Lourenzo de Olas, de estilo barroco, data de 1680. Consérvase unha lápida conmemorativa e un escudo que lembra aos autores da obra, e a data. Na fachada destaca a espadana no eixo central. En 1968 sufriu unha modificación.
A Capela de San Isidro é unha pequena construción barroca que alberga un retablo formado por varias imaxes, destacando a do patrón da capela.
FestasEditar
- San Cidre o 15 de maio.
- As Misas o 10 de xuño.
- San Antonio o 13 de xuño.
- San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de OlasEditar
Lugares da parroquia de Olas no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
As Calles | A Carballa | O Carballal | Cima de Vila | A Hedra | A Igrexa | Leborís | Mandás | Mato de Abaixo | Mato de Arriba | Meilán | As Pereiras | O Piñeiro | Queiroa de Abaixo | Queiroa de Arriba | Soutelo | O Xiao |