Boado, Mesía
parroquia civil do concello de Mesía
Coordenadas: 43°02′11″N 8°11′35″O / 43.03627, -8.19293
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boado.
Santiago de Boado[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2016 tiña 146 habitantes (68 homes e 78 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 215 habitantes.
Boado | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santiago. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 7,53 km² |
Poboación | 146 hab. (2016) |
Densidade | 19,39 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
No lugar do Castro existen restos dun antigo castro distínguese as medorras que o formaban.
A igrexa parroquial de Santiago de Boado data de 1770, no exterior ten uns vistosos pináculos coroando unha espadana.
FestasEditar
- Santiago Apóstolo o 25 e 26 de xullo.
- Virxe do Rosario, na primeira fin de semana de outubro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BoadoEditar
Lugares da parroquia de Boado no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Aldín | Barcia | Barreiro | O Castro | O Espadanedo | Fontorto | Gandarela | A Igrexa | Lagares | O Outeiro | O Pazo | O Vilar |