Castro de Xanceda
O Castro de Xanceda é un poboado castrexo situado no lugar do Castro na parroquia de Xanceda (Mesía).
Castro de Xanceda | |
---|---|
Parroquia | Xanceda |
Concello | Mesía |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15047004 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | máis de 0,37 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarO xacemento componse de dous recintos: un castro e o seu antecastro. O antecastro non está completamente definido. Tanto no castro como no antecastro o sistema defensivo, son de terraplén con parapetos. As entradas do castro e o antecastro están orientadas en dirección L-NL e aprécianse vestixios de foxos. O interior do recinto principal, en dirección norte-sur, 57 metros e no eixo leste-oeste 65 metros. O parapeto na parte máis alta chega ata os dous metros na súa cara interna e a unha anchura de 10 metros.[1].
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
No castro atopouse en 1974 o tesouro de Xanceda, depositado no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón e composto por dous torques.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |