El Heráclito Español y Demócrito Gallego

El Heráclito Español y Demócrito Gallego foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1820.

Historia e característicasEditar

Apareceu o 21 de abril de 1820, unha vez restablecido o sistema constitucional. Periódico bisemanal (saía os martes e venres), que se imprimía na imprenta de José Fermín Campaña y Aguayo. Periódico liberal, o seu único redactor foi Antonio Benito Fandiño, quen lle imprimiu un ton satírico, polo que foi suspendido. Cesou a súa edición co número 53 en outubro de 1820.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externasEditar