Carmen Blanco García
Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954,[1] é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela.
Carmen Blanco | |
---|---|
Nome completo | Carmen Blanco García |
Nacemento | 12 de maio de 1954 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta, ensaísta, narrador e escritora |
Cónxuxe | Claudio Rodríguez Fer |
Fillos | unha |
Xéneros | Ensaio, poesía, narrativa |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.
TraxectoriaEditar
Traxectoria vitalEditar
A comezos dos setenta participou no movemento feminista galego a través de organizacións como a Asociación Galega da Muller (AGM) ou Feministas Independentes Galegas.[2] Tamén colaborou coa revista Festa da Palabra Silenciada e con A Saia. No ano 2000, fixo a letra do himno galego da Marcha Mundial das Mulleres, "Marchando máis alá". Dedicou boa parte do seu activismo ao feminismo e ao estudo das relacións entre a literatura e a muller, do que son mostra os libros "Literatura galega da muller" 1989, "Nais, damas, prostitutas e feirantas" 1995, "O contradiscurso das mulleres" 1995, "Mulleres e independencia" 1995, "Sexo e lugar" 2006, "Feministas e libertarias" 2010 ou "Letras lilas"2019.
Foi profesora agregada de Lingua e Literatura Española, con primeiro destino en Santiago de Compostela e segundo en Chantada (Lugo), e de Lingua e Literatura Galega de ensino medio, con destino en Lugo, así como titular destas últimas disciplinas na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e na Facultade de Humanidades de Lugo. En 1994, leu na Universidade de Santiago de Compostela a súa tese de doutoramento "Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas", dirixida por Anxo Tarrío.[3] No momento actual, exerce como profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo.
É autora dunha morea de obras ensaísticas do seu campo profesional de coñecemento, a filoloxía e a literatura galegas, con libros referidos a moitas das grandes figuras como Ricardo Carvalho Calero, Luz Pozo Garza, Uxío Novoneyra ou María Mariño. Colaborou en gran cantidade de libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.
Dende 1974, comparte vida e parte da súa actividade profesional e civil con Claudio Rodríguez Fer, con quen ten unha filla.[4][2] Con el fundou no 2005 a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, onde exerceu de secretaria. Formou parte do Consello da Memoria, recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2014) e é autora, con Rodríguez Fer, da exposición “Vermellas” (2009) e do libro “Vivas en nós” (2011), en homenaxe ás mulleres represaliadas polo levantamento militar de 1936.
Traxectoria artísticaEditar
Coordina, co poeta Claudio Rodríguez Fer, a publicación intercultural e libertaria Unión Libre, Cadernos de vida e culturas,[5] dende 1996.
A súa obra poética consta dos poemarios Estraña estranxeira (BVG, 2004), Un mundo de mulleres (Biblos, 2011) e Lobo amor (Unión Libre, 2011).
A súa obra narrativa está conformada por Vermella con lobos (Xerais, 2004) e Atracción total (Xerais, 2008).
Cultivou a creación plástica deseñando e ilustrando os poemarios Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982) -Premio da Crítica Española en 1982-, Historia da lúa (Galaxia, 1984), Vulva (Libros da cebra, 1990) e A muller núa (Compostela, 1992) de Claudio Rodríguez Fer, ao igual que o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor, e foi tamén a creadora do logotipo de Unión Libre.
A súa heterónima Emma Luaces, que leva o nome en homenaxe á anarquista rusa Emma Goldman e á xenealoxía materna da autora, publicou versións de Safo en Do amor e da literatura (Linteo, 2007) e poemas da serie “Lobo azul” (Unión Libre, 2005).
Obra en galegoEditar
EnsaioEditar
- Carballo Calero: política e cultura (Ediciós do Castro, 1991). ISBN 84-7492-519-3
- Literatura galega da muller (Edicións Xerais de Galicia, 1991). ISBN 84-7507-560-6
- Escritoras galegas (Biblioteca 114, Editorial Compostela, 1992). ISBN 84-85553-98-5
- Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992) (Edicións do Cumio, 1994). ISBN 84-87126-86-3
- O contradiscurso das mulleres (Nigra, 1995).[6] ISBN 84-87709-36-2
- Mulleres e independencia (Edicións do Castro, 1995). ISBN 84-7492-754-4
- Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995). ISBN 84-7507-910-5
- Luz Pozo Garza: a ave do norte (Linteo, 2002). ISBN 84-931893-9-1
- Alba de mulleres (Xerais, 2003). ISBN 84-8302-970-7
- Sexo e lugar (Xerais, 2006). ISBN 84-9782-398-2
- Casas Anarquistas de Mulleres Libertarias (CNT, 2007).
- María Mariño. Vida e obra (Xerais 2007). ISBN 978-84-9782-537-5
- Uxío Novoneyra (A Nosa Terra, 2009). ISBN 978-84-8341-420-0
- Feministas e libertarias (Meubook, 2010). ISBN 978-84-15141-06-8
- Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (Toxosoutos, 2010). ISBN 978-84-92792-39-9
- Letras lilas (Unión Libre, 2019)
NarrativaEditar
- Vermella con lobos (Xerais, 2004). ISBN 978-84-9782-180-3
- Atracción total (Xerais, 2008). ISBN 978-84-9782-759-1
PoesíaEditar
- Estraña estranxeira (Biblioteca Virtual Galega, 2004).
- Un mundo de mulleres (Biblos Clube de Lectores, 2011). ISBN 978-84-15086-11-6
- Lobo amor (Unión Libre, 2011).
ConversasEditar
- Conversas con Carballo Calero (Galaxia, 1989). ISBN 84-7154-654-X
TraduciónsEditar
- Do amor e da literatura (Linteo, 2007).
EdiciónsEditar
- Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza (Xerais, 1992).
- Umha voz na Galiza, de Ricardo Carvalho Calero (Sotelo Blanco, 1992).
- Antoloxía poética, de Uxío Novoneyra (A Nosa Terra/AS-PG, 1997).
- Historias fidelísimas, de Luz Pozo Garza (PEN Clube de Galicia, 2003).
- Memoria solar, de Luz Pozo Garza (Linteo, 2004).
- Día das Letras Galegas 2016. Manuel María. Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 9788416533626
Obras colectivasEditar
- Na boca do lobo. Carapuchiña Vermella vista por... (Editorial Tris Tram, 1998).
- Día das Letras Galegas 2007. María Mariño Carou (USC, 2007). Editora e autora.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
- Rosalía na cobiza do lonxe (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2013).
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo (Academia Real Isaac Díaz Pardo, 2013).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017, Através Editora).
Con Claudio Rodríguez FerEditar
- Tigres de ternura (Reprografía 1846, 1981, 1982). Deseñadora.
- Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín (Xerais, 1989). Coeditora.
- Os eidos, de Uxío Novoneyra (Xerais, 1990). Coeditora. ISBN 978-84-7507-455-9
- Vermellas (Universidade de Santiago de Compostela, 2009).
- Vivas en nós (Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, 2011).
Obra en castelánEditar
EdiciónsEditar
- Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (Círculo de Lectores / Galaxia Gutenberg, 2005), edición bilingüe galego-castelán.
NotasEditar
- ↑ "Carmen Blanco García – ilustradora y anarcofeminista". puertoreal.cnt.es. Arquivado dende o orixinal o 10-03-2018. Consultado o 10-03-2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Carmen Blanco". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 10-03-2018.
- ↑ "Imaxes de mulleres na literatura galega contemporánea á luz dos discursos feministas". dialnet. Consultado o 10-03-2018.
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Blanco García, Carmen". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 70-71. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Unión libre. Cadernos de vida e culturas
- ↑ Versión en castelán como El contradiscurso de las mujeres (Nigra, 1997) ISBN 84-87709-53-2. Traducida por Olga Novo.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Blanco García, Carmen". Diccionario enciclopédico galego universal 9. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 94. ISBN 84-7680-429-6.
- "Blanco García, Carmen". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 117–118.
- "Blanco García, Carmen". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 324. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Blanco García, Carmen". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 371. ISBN 84-7680-288-9.
- "Blanco García, Carmen". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos. pp. 37–38. ISBN 84-85311-96-5.
- Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. p. 52. Ediciós do Castro.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 83. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Carmen Blanco na Biblioteca Virtual Galega.
- Requeixo, Armando, «Parlamento das Letras: Carmen Blanco», "Criticalia", 8-2-2012