Antonio Odriozola

bibliógrafo, investigador e erudito vasco

Antonio Odriozola Pietas, nado en Gasteiz o 1 de xuño de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1987,[1] foi un bibliógrafo, investigador e erudito vasco.

Modelo:BiografíaAntonio Odriozola
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1911 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliógrafo, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeDolores Casalderrey Blanco Editar o valor en Wikidata
FillosNon tivo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1720980 BUSC: odriozola-antonio-1911-1987 Dialnet: 963647

Traxectoria

editar
 
Pazo da Carballeira de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia

Era fillo de Victoriano Odriozola Egaña, director da Granja Modelo de Gasteiz. Fixo o Bacharelato na súa cidade natal e estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Compostela. Despois da Guerra Civil española empezou a centrarse na bibliofilia e en 1964 estableceuse en Pontevedra. Foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata a súa xubilación en 1981. Colaborou en Faro de Vigo e na Revista do Museo de Pontevedra.

Vida persoal

editar

Casado con Dolores Casalderrey Blanco, non tiveron descendencia. Morreu atropelado polo trolebús que cubría a liña Pontevedra-Lérez.[2]

  • Algunos problemas bibliográficos que plantean las obras de Nebrija (1945)
  • Camelias en Pontevedra (1974)
  • Ediciones incunables de Diego de Muros (1975)
  • Bibliografía de Luis Seoane (1979)
  • La imprenta en Vigo (1980)
  • Vigo en su historia, xunto con Fernando Acuña Castroviejo, Xosé María Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide Pardo et alii (1980)
  • Alegrías y tristezas de la investigación sobre impresiones españolas de los siglos XV y XVI (1986)
  • Las imprentas de Pontevedra en el siglo XIX (1989)
  • Historia de la imprenta en Galicia, xunto con con Xosé Ramón Barreiro (1992)
  1. "Antonio Odriozola, bibliógrafo". El País (en castelán). 10 de decembro de 1987. 
  2. "Un hombre del Renacimiento". La Región (en castelán). 10 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar