Xosé Luís Axeitos

escritor e investigador galego

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asadelos (Asados, Rianxo) o 1 de xaneiro de 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Xosé Luís Axeitos
Xosé Luís Axeitos (AELG)-2.jpg
Nacemento1 de xaneiro de 1945
 Asadelos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Salamanca
Ocupaciónescritor e profesor
PremiosPremio Antón Losada Diéguez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor José Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.

No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004[1], sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.

Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.

Obra en galegoEditar

Ensaio e ediciónsEditar

Obras colectivasEditar

Obra en castelánEditar

EdiciónsEditar

  • Lorenzo Varela. Poesía Completa, 2000, Edicións do Castro.
  • Lorenzo Varela. Ensayos, conferencias y otros escritos, 2001, Edicións do Castro.

Obras colectivasEditar

  • Cartas del Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide, en colaboración con José Luis Pensado), 1983, Edicións do Castro.
  • Epistolario, de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Charo Portela Yáñez, 2005, Edicións do Castro.

PremiosEditar

  • Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2009.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación 2018 por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.

NotasEditar

  1. "A Academia no discurso exílico de Luís Seoane". Real Academia Galega. 30 de outubro de 2004. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Antonio Gil Merino
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2005-2009
Sucesor:
Euloxio R. Ruibal
Predecesor:
Manuel González González
 Secretario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Henrique Monteagudo