Antonio Gil Merino
Antonio Gil Merino, nado en Castrillo de Villavega (provincia de Palencia), o 4 de xuño de 1916[1] e finado na Coruña o 18 de outubro de 2009, foi un historiador, arquiveiro e escritor galego.
Antonio Gil Merino | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1916 |
Lugar de nacemento | Castrillo de Villavega |
Falecemento | 18 de outubro de 2009 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Soterrado | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Valladolid |
Ocupación | historiador, escritor e arquiveiro |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou o bacharelato en Santander e despois marchou a Valladolid a estudar Filosofía e Letras, onde se licenciou en 1936, pouco antes do estoupido da guerra civil española. Comeza a traballar como profesor de bacharelato en Santander e Torrelavega ao rematar a guerra, ata que en agosto de 1944 aproba as oposicións a arquiveiro e é destinado á Biblioteca pública de Lugo. En 1948 ocupa o cargo de arquiveiro de Facenda en Lugo, pero non abandona o seu traballo como bibliotecario: durante a súa xestión fusiónase a biblioteca da Deputación coa estatal, empréndese a creación de bibliotecas municipais nalgunhas vilas da provincia e créase o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que presidiu.
Nomeado director do Arquivo Histórico do Reino de Galicia, en 1954 é nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. O 13 de decembro de 1975 le o seu discurso de ingreso e convértese en membro de pleno dereito da institución, a proposta de Enrique Chao Espina, Antonio Meijide Pardo, Francisco Vales Villamarín e Eugenio Torre Enciso. En 1993, logo do falecemento de Juan Naya Pérez, comeza a desenvolver o labor de arquiveiro da institución, pero non é nomeado oficialmente para o posto ata o 29 de novembro de 1997, cargo que ocupará ata o 16 de novembro de 2005.
Tamén foi membro de diversas institucións culturais, coma o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses ou o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Obra editar
É autor de numerosos artigos e contribucións en arquivística, publicados en revistas e volumes colaborativos. Tamén publicou unha biografía de José Cornide Saavedra: La vida y obra de Don José Cornide Saavedra (breve biografía) (1992).
Vida persoal editar
Casado, tivo un fillo e unha filla[2]. Foi soterrado no camposanto coruñés de San Amaro.
Predecesor: Juan Naya Pérez |
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 1997-2005 |
Sucesor: Xosé Luís Axeitos Agrelo |
Notas editar
- ↑ Monteagudo, H. (2012). Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. Real Academia Galega. p. 9.
- ↑ Nota necrolóxica de Antonio Gil Merino.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- "Antonio Gil Merino". Real Academia Galega.