Emilio Grandío Seoane

historiador, profesor e escritor galego

Emilio Grandío Seoane, nado na Coruña en 1967, é un historiador, profesor e escritor galego.

Infotaula de personaEmilio Grandío Seoane
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1163978 Dialnet: 740240

Traxectoria

editar

É Profesor Titular de Historia Contemporánea e de América na Universidade de Santiago de Compostela,[1] na que se doutorou en 1995 coa tese: La CEDA en Galicia 1931-1936. Fixo estudos sobre a Segunda República e o franquismo; tamén sobre a intervención exterior na Península Ibérica despois da segunda guerra mundial, o nacionalismo e a sociedade civil no século XX, o exilio español no franquismo, o europeísmo e os partidos políticos na Transición.[2] Participou en múltiples proxectos de investigación sobre temas de España e América financiados polo Ministerio de Educación y Ciencia, pola Xunta de Galicia e pola Deputación da Coruña. Coordenou o proxecto (USC, Uvigo, UDC) As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, sobre a represión da Guerra Civil. Dirixiu o Grupo de investigación HISPONA da USC (Historia política e dos nacionalismos) e coordinou o Grupo EUCODE, Proyecto Europeo sobre a cultura do fascismo/antifascismo. É membro da Association for Spanish and Portuguese Historical Studies e da Asociación de Historia Contemporánea.[2] Realizou estadías de investigación no Instituto Cañada Blanch da ‘London School of Economics’ (LSE), de Londres, e no Instituto Superior das Ciencias das Técnica e da Empresa (ISCTE), de Lisboa.[3]

É autor de numerosos artigos sobre a Guerra Civil,[4] o franquismo e a transición.[5] Ten asistido como conferenciante a numerosos congresos e coloquios especializados nos anos republicanos e nos movementos sociopolíticos acaecidos nese período.[6]

Publicacións

editar

Publicacións colectivas

editar
  • Historia de Ortigueira (2006). Vía Láctea. ISBN 84-89444-55-2
  • A fuxida do Portiño: Historia, memoria e vítimas (2009). A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-306-7.
  • Las columnas gallegas hacia Oviedo: diario bélico de la Guerra Civil Española (1936-37) (2011). Ed. Nigra Trea. ISBN 978-84-15078-15-9.
  • War Zone. La II Guerra Mundial en el noroeste de la Península Ibérica (2012). Eneida Ed. 342 páxs. ISBN 978-8415458043.
  • War Zone. Represión y clandestinidad política en el noroeste de la Península Ibérica (1945-1953) (2013).
  1. "Horario del profesor - Facultad de Geografía e Historia - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-12-30. 
  2. 2,0 2,1 "Emilio Grandío Seoane". Hispona (en castelán). 2013-12-02. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-30. 
  3. "El doctor en Historia Emilio Grandío Seoane disertará en Argentina sobre la actuación del Frente Popular en Galicia". www.cronicasdelaemigracion.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-30. 
  4. Seoane, Emilio Grandío (2016-01-12). "Presentación Dossier: Guerra de silencios. Redes de inteligencia en España durante la Segunda Guerra Mundial". Revista Universitaria de Historia Militar (en castelán) 4 (8). ISSN 2254-6111. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  5. "Emilio Grandío Seoane". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-12-30. 
  6. "Emilio Grandío Seoane - Nomes e Voces". www.nomesevoces.net. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2019. Consultado o 2019-12-30.