Unión Libre. Cadernos de vida e culturas é unha revista de creación e pensamento aberta a temas vitais e interculturais de Galicia e do mundo, con especial atención á memoria histórica e cun deseño artístico integral. Ten como obxectivo a divulgación da creación multicultural dende perspectivas libertarias, abertas, críticas e independentes.

Unión Libre
PaísEspaña
Linguavarios idiomas e lingua galega
Fundación1996
Primeira edición1996
Circulación
ISSN1137-1250
Na rede
Dialnet: 13606
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Coordinada dende Lugo por Carmen Blanco García e Claudio Rodríguez Fer, conta cun comité de redacción internacional composto por Xosé Luís Axeitos, Vsévolod Bagno, Diana Conchado, Carme Junyent, Lily Litvak, María Lopo, Kathleen N. March e Olga Novo.

Está ilustrada por artistas como Isaac Díaz Pardo ou Sara Lamas. Contou coa colaboración de escritoras e escritores do país e tamén de fóra del, como Luz Pozo Garza, José Ángel Valente, Noam Chomsky, Juan Goytisolo, Antonio Gamoneda, Ana Hatherly, Sergio Lima ou Joan Brossa. Recolle, ademais, traducións ao galego de clásicos eróticos latinos e de autores contemporáneos como Friedrich Hölderlin, Rimbaud ou Dylan Thomas. Publícase anualmente, dende 1996, en Ediciós do Castro, e polo xeral cada número é monográfico:

Números

editar

Como proxecto de Unión Libre, deu comezo en 2010 a colección de cadernos gratuítos Poesía para tod@s. Esta colección iniciouse co volume Poemas polas vítimas do 36 en Galicia. Continuou con Poemas para Lugo, Poemas para lucenses,[2] Poemas polas vítimas do 36 nas rías de Vigo e Pontevedra, Anarquista ou nada (Poemas de memoria libertaria) e Poemas para pais. Neles colaboraron Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco, Olga Novo e Cristina Fiaño.

O seu ISSN é 1137-1250 e o depósito legal é C-1668-1996.

  1. "Presentan «Lugares», o número 14 da revista «Unión Libre»". lavozdegalicia.es. 04-02-2010. Consultado o 03-09-2018. 
  2. Jaureguízar, S. (25-02-2014). "Unión Libre rinde homenaje a figuras relacionadas con Lugo". elprogreso.es. Consultado o 02-09-2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar