Ínsula (revista)

Ínsula é unha "revista de letras y ciencias humanas" fundada en 1946[1] por Enrique Canito e José Luis Cano[2].

Foi creada por Enrique Canito, catedrático de francés expedientado por motivos políticos, como boletín literario complementario da librería que rexentaba en Madrid, que pediu a colaboración de Cano para a publicación[3]. Canito foi director da revista desde a súa fundación ata 1982, cando Cano o sucedeu. En 1987 Víctor García de la Concha converteuse en director da revista.[4]

A revista foi adquirida por Espasa en 1983.[2]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar