Isaac Díaz Pardo

artista e intelectual galego

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012[1][2], foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.[3] Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro.

Isaac Díaz Pardo
Medalla de Galiza.svg
DiazPardo Isaac en Castro.jpg
Nome completoIsaac Díaz Pardo
Nacemento22 de agosto de 1920
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento5 de xaneiro de 2012
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradocemiterio de Boisaca
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeseñador, pintor e empresario
PaiCamilo Díaz Baliño
CónxuxeCarmen Arias
FillosXosé Díaz Arias de Castro
XénerosEnsaio, teatro
Coñecido porMonumento aos fusilados na guerra civil
Premiosdoutor honoris causa pola Universidade da Coruña, Premio Laxeiro, Medalla de Ouro de Galicia, Medalla ó Mérito no Traballo e doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Usou os pseudónimos Cego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández, Xalo.[4]

TraxectoriaEditar

Fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño[5] e de Antonia Pardo Méndez, na súa casa tiñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala e el mesmo lle axudou a traballar nos carteis para o Estatudo. O seu pai foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse durante seis meses ata poder saír de Santiago de Compostela. Pasou logo a traballar como rotulador na Coruña na empresa Bianchi.[6]

 
Isaac de neno, co pai, en 1925.

A súa condición de supervivente marcou a súa vida cunha misión: lembrar os mortos e levar a cabo os soños polos que os mataron.[3]

Despois da guerra, cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid) realizando os catro cursos en dous anos.[5] A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas experiencias pioneiras como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia: Roma, Florencia e Siena. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América), entre outras Madrid, Barcelona, Londres, Zaragoza e Galicia.

Nese tempo desestimou a oferta de pintar en Cuelgamuros, na obra do Val dos Caídos, deixando a pintura e volvendo a Galicia.[7] Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.[5][8]

Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e á porcelana. Fundou con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada, municipio onde o nomearían fillo predilecto)[5], mesturando o caolín dese lugar con cuarzo.[9] Despois fundou outra fábrica na Arxentina, onde pasou trece anos e construíu xunto con outros destacados galeguistas como Luís Seoane o Laboratorio de Formas,[10] precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Ediciós do Castro, o Seminario de Estudos Galegos etc.

 
Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane en Buenos Aires en 1955.

Desenvolveu un importante labor acollendo a moitos dos galeguistas que viñan a Galicia desde o exilio.

O seu soño de novo era estudar arquitectura, que non puido levar a cabo pero acabou recibindo o nomeamento de Arquitecto de Honra polo Colexio de Arquitectos de Galicia no ano 2001. El foi o responsable de cada espazo dentro do grupo Sargadelos e planificou, en colaboración con outros arquitectos, edificios, corredores, exposicións, mobles e plantas.[11]

Das institucións que este colectivo creou para recuperar a memoria histórica, sería a dirección e administración do Grupo Sargadelos a faceta máis coñecida do intelectual galeguista e a que marcaría os seus derradeiros anos e o seu último fracaso, xa que foi apartado da dirección e da administración do grupo.[10]

Tamén colaborou durante anos con artigos en xornais como A Nosa Terra de Buenos Aires nos galegos Faro de Vigo, La Región, El Progreso, El Correo Gallego e La Voz de Galicia (onde colaboraría até o 2009).[5]

Ademais de escribir unha obra dramática contribuíu coa súa arte a múltiples facetas teatrais: escenografías (sobre todo con Ricard Salvat), carteis, edición e promoción.[12]

Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

Vida persoalEditar

Estivo casado con Carme Arias de Castro Montero[13], con quen tivo tres fillos, Camilo, Xosé e Rosendo.

 
Isaac Díaz Pardo e Mimina.

DeseñadorEditar

Fixo un deseño ético, responsable, sostible e identitario. Foi premiado no 2005 cunha medalla FAD (Foment de les Arts Decoratives) de Barcelona polo seu activismo plástico. Como deseñador gráfico, a súa obra gráfica caracterízase por un expresionismo de formas precisas e sinxelas, e o uso de técnicas moi básicas. Realizou multitude de carteis culturais e políticos. Na década dos 70 realizou tamén carteis de cego, mestura de viñetas en branco e negro con fío narrativo:[14]

  • 1970: Paco Pixiñas, Historia dun desleigado contada por il mesmo de Celso Emilio Ferreiro con ilustracións de Isaac Díaz Pardo
  • 1970: A nave espacial. Historia contada polo cego Zago na que refírese os traballos pasados por Manuela Canle e os seu home pra chegar a voar.
  • 1970: O marqués de Sargadelos. Historia contada polo cego Zago onde gábase as sabencias de Antonio Raimundo Ibáñez na vida e nárrase seus erros e a súa tráxica morte.
  • 1977: O crime de Londres. A criada que estrangulou á súa ama pola música.
  • 1985: Castelao. Historia contada polo cego Zago.[15]

Creou cubertas para libros (Memorias dun neno labrego, Xente ao lonxe...) e ilustrou outros moitos (Galicia hoy...).

Canto ao deseño industrial no Castro de Samoedo, en Sada creou o seu taller cerámico, xerme da fábrica de Cerámicas do Castro, de Magdalena en 1955 (Buenos Aires) e de Sargadelos en 1970. Alí aplicará os fundamentos do deseño á industria cerámica. Para conseguir a tecnoloxía adecuada, el mesmo inventou e patentou máquinas e fornos avanzados para a fabricación da porcelana de Sargadelos.[16]

 
Monumento aos fusilados na Guerra civil deseñado por Díaz Pardo.

CeramistaEditar

Comezou creando as súas propias pezas, para seguir como director da produción, deseñador de máquinas, control do persoal, e moitas outras tarefas. Seguindo a Xosé Díaz, Fernando Arribas e Teresa Pena Moreda hai tres etapas na súa obra:[17]

  • 1947-1955, O Castro. Etapa clásica ou pictórica. Comezou por reproducir pezas de tiraxe limitada, orixinais del, que reproducen a súa obra pictórica. Despois viñeron os primeiros servizos de mesa de porcelana translúcida: as series Nenos, Cabalos ou Cabezas. Da época son Candelabro feminino, Nu tendido, Pondaliana, Tangaraño e as botellas-figura.
  • 1955-1968, Magdalena. Etapa funcional e de transición. Xa na Arxentina, na Magdalena, a 100 km de Buenos Aires, alí consolidou e perfeccionou os seus coñecementos técnicos como ceramista, cunha depuración nas formas cara a decoracións máis abstractas e xeométricas. Culminará na creación en 1963 do Laboratorio de Formas, que funcionará como un ente de discusión e de creación. Exemplos son Portomarínica, Monférica ou Castrondourica. Díaz Pardo soamente asinará unha peza decorativa, unha María Magdalena.
  • 1970, Sargadelos. Etapa diferencialista. Xa en Sargadelos coas pezas o azul cobalto na decoración como identificador e saen os servizos de mesa de porcelana de alta temperatura, decorados baixo cuberta. Os decorados son funcionais e xeométricos con símbolos da cultura popular galega.[17]

PintorEditar

Primeira etapa: década dos 40. Segundo María Luísa Sobrino é a etapa académica, moi influenciada polos clásicos dos séculos XV e XVI, con presenza importantísima da figura da muller, xunto a bodegóns e grandes composicións. Pinta por encarga:[18]

 
Seoane e Díaz Pardo cos Núñez Búa, Sofovich e Scheimberg en 1962 en Magdalena, Arxentina, o centro cerámico onde ambos os dous idearon o Laboratorio de Formas.[19][20]
  • 1939 – Asociación de Artistas da Coruña
  • 1944 – Casino de Vigo
  • 1946 – Salóns Macarrón e Sala de Arte Greco, Madrid
  • 1947 – Sala Gaspar, Barcelona
  • 1947 – Da Vinci Gallery Limited, Londres
  • 1948 – Círculo de Belas Artes, Madrid
  • 1949 – Sala Gaspar, Barcelona
  • 1949 – Sala Gaspar, Zaragoza

Despois de abandonar a pintura para dedicarse a outras tarefas vén a Segunda etapa de 1949 a 1955: influencia do grupo dos renovadores galegos, especialmente de Maside e Colmeiro, ademais de Renoir e Cezanne. Segue instalado na figura da muller asociada á nai, á patria e á fertilidade.[18]

Etapa americana, do ano 1955 a 1971, na que experimenta unha importante evolución estética influenciada polo contacto directo coa arte internacional e con Luís Seoane. Hai temática social, traballadores, campesiños.

  • 1961. Xente alporizada
  • 1962. Nu
  • 1964. Estudos e variacións sobre unha dobre crucifixión
  • 1964. A nave espacial
  • 1967. Dobre crucifixión

Pinturas e fracasos», 2011, Casa da Parra de Santiago de Compostela, é a súa última exposición, con obras que van desde 1944 ata 2004.[18]

Obra literariaEditar

ArtigosEditar

  • Crónicas inconformistas (2006). Universidade de Santiago de Compostela. 125 páxs. ISBN 9788497507769. Artigos escritos de 1963 a 2009, un total de 514.
    • O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo (2018). Consorcio de Santiago e Andavira Editora. Recompilado polo filólogo Xosé Ramón Fandiño Veiga. Artigos escritos de 1963 a 2009, un total de 514.

EnsaioEditar

 
Diante do seu autorretrato, durante a preparación da súa exposición na Casa da Parra no ano 2011.
  • Discusión sobre la organización de industrias manufactureras (1960). A Coruña: Imprenta Moret. Foi secuestrado ao pouco de saír.
  • El ceramista Arranz y su escuela (1964). Sada: Ed. do Castro. ISBN 978-84-85134-42-7.
  • El escultor Emiliano Barral (1966). Sada: Ed. do Castro.
  • Galicia Hoy (1966). París: Ed. Ruedo Ibérico. Coordinado por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, cos pseudónimos de Maximino Brocos e Santiago Fernández, respectivamente.
  • Contribución de urgencia al entendimiento de los problemas de arte/industria. (1976). Número 18 dos Cadernos do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos. Sada: Ed. do Castro. ISBN 978-84-85134-12-0.
  • La cerámica de Arcadio Blasco (1978). Sada: Ed. do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos. ISBN 978-84-85134-98-4.
  • Galicia hoy y el resto del mundo (1987). Sada: Ed. do Castro.[21]
  • Rememoración de José Martínez, fundador de Ruedo Ibérico (1987). Sada: Ediciós do Castro, Cuadernos do Seminario de Sargadelos, 49. ISBN 978-84-7492-355-1.
  • Presencias galegas na arte dos nosos días (1993). Fundación Otero Pedrayo. 96 páxs. ISBN 9788460464563.
  • Isaac Díaz Pardo, obra cartelística (1936-1999) (2000). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 978-84-89814-87-5.
  • Tentando construir uma esfinge de pedra, desassossegos (2007). Sada: Ed. do Castro.
  • Lembranza de Carlos Maside no seu 50 cabodano (2008). Sada: Ed. do Castro, Cadernos do Laboratorio de Formas de Galicia, 12. ISBN 978-84-8485-295-7.

PoesíaEditar

  • A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo (2021). Vigo: Xerais. Edición ao cargo de Esperanza Luz Mariño Daviña.[22]

TeatroEditar

  • O ángulo de pedra e Midas (1957). Buenos Aires: Citania. Dúas traxedias clásicas ilustradas por Luís Seoane. Foi estreada en 2018 por Lino Braxe.
    • Midas. O ángulo de pedra (2017). Deputación da Curuña. Ed. facsimilar de Lino Braxe.

ConversasEditar

  • Ollos da memoria. Conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo (2009). Montse Nieto Maroño. Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-22-1.
 
Ingreso como académico de honor na Real Academia Galega de Ciencias.

RecoñecementosEditar

Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidade da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995), Premio San Martiño de normalización lingüística (1998), Premio das Artes e das Letras de Galicia (2003), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo[23] (2007), o Premio Laxeiro (2007), o Premio Galiza Mártir (2010), entre moitos outros.[5]

En 2019 homenaxeouno a Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador no Día da Galeguidade Empresarial cunha placa e un busto en Pontevedra.[24]

No 2020, co motivo do centenario do seu nacemento, teñen lugar diversas iniciativas, de mostras expositivas de institucións e entidades a programas televisivos, pasando por algunha que incorpora a participación popular.[25][26][27]

Galería de imaxesEditar

Busto en Sigüeiro, Oroso
Díaz Pardo en agosto de 2010. 
 
Sepulcro no Cemiterio de Boisaca 

NotasEditar

  1. "Falece Isaac Díaz Pardo". Cultura galega. 5 de xaneiro de 2012. 
  2. "El intelectual Isaac Díaz Pardo fallece en A Coruña a los 91 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-01-06. Consultado o 2022-08-05. 
  3. 3,0 3,1 "Fallece a los 91 años el galleguista Isaac Díaz Pardo". El País (en castelán). 5 de xaneiro de 2012. .
  4. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:d". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-08-04. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Falece o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo". La Voz de Galicia. 5 de xaneiro de 2012. 
  6. "Biografía Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-05. 
  7. Salgado, Daniel (2020-08-21). "Un siglo de Isaac Díaz Pardo, el artista que se negó a pintar Cuelgamuros". El Diario (en castelán). Consultado o 2020-08-22. 
  8. Diéguez, Uxío Breogán (2006). "Entrevista a Isaac Díaz Pardo". Murguía. 
  9. Cela Trulock, C. J. (15 de abril de 1951). "Isaac Díaz Pardo, garzón genial". Correo Literario. 
  10. 10,0 10,1 Díaz Pardo, o home máis querido de Galicia Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. De Luns a Venres, 5 de xaneiro de 2012.
  11. "Isaac arquitecto Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-05. 
  12. "Isaac e o teatro Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-05. 
  13. "Falece Carmen Arias 'Mimina', viúva de Díaz Pardo e impulsora de Sargadelos". Praza Pública. 2 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  14. Díaz Pardo, Isaac (1970). Tres carteles de cego. Ediciós do Castro. ISBN 978-84-85134-45-8. 
  15. "Isaac escritor Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-04. 
  16. "Isaac deseñador Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-05. 
  17. 17,0 17,1 "Isaac ceramista Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-05. 
  18. 18,0 18,1 18,2 "Isaac pintor Isaac Díaz Pardo". www.isaacdiazpardo.gal. Consultado o 2022-08-05. 
  19. Díaz, Xosé (novembro de 2010). "Seoane o deseño e o Laboratorio de Formas". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (33): 35–41. ISSN 1136-3207. 
  20. Díaz, Xosé (2010). "O factor simbólico. Luís Seoane e o Laboratorio de Formas" (PDF). Grial. Revista galega de cultura (186): 46–53. ISSN 0017-4181. 
  21. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
  22. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-03-12. 
  23. "El Gobierno concede la medalla al trabajo a Isaac Díaz Pardo". La Opinión (en castelán). 7 de decembro de 2007. .
  24. "Xunta e Foro Enrique Peinador homenaxean a Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade Empresarial". O Portal da Lingua Galega. 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de febreiro de 2019. 
  25. "Sada celebra el sábado el centenario de Isaac Díaz Pardo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-19. Consultado o 2020-08-21. 
  26. "Unha manda de pezas para Isaac". mandadepezasparaisaac.blogspot.com. Consultado o 2020-08-21. 
  27. "Inauguración de una estatua a Díaz Pardo en plena Alameda". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-21. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • A luminosa mirada dos ollos de Isaac. Edición e prólogo de X. R. Fandiño. Cadernos Ramón Piñeiro XXIV. Xunta de Galicia, 2012. 206 p. ISBN 978-84-453-5068-3.
  • Diáspora :10 artistas galegos no exilio latinoamericano, 1930-1970 = 10 artistas gallegos en el exilio latinoamericano, 1930-1970 : Ángel Botello, Alfonso R. Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Maruja Mallo, Luis Seoane, Arturo Souto, José Suárez, Carlos Velo. Vigo: Fundación MARCO; A Coruña : Fundación Luis Seoane, 2005, ISBN 84-609-5108-1; 221 p.
  • Fandiño Veiga, Xosé Ramón. Isaac Díaz Pardo: a patria enteira na memoria. Vigo: Ir Indo, 2008. 64 p.
  • Fandiño Veiga, Xosé Ramón. Isaac Díaz Pardo: Memoria do compromiso. Santiago: Concello de Santiago, 2020. 164 páxs.
  • Fernández Martínez, Luciano. O Romance de cego O marqués de Sargadelos, de Isaac Díaz Pardo. En: Comentarios de textos populares e de masas. Vigo: Xerais, 1994. P 79-116.
  • Isaac Díaz Pardo: creación e compromiso na Galicia do século XX / [editores, Xosé Díaz Arias de Castro, Guillermo Escrigas ; coordinación Carolina Díaz ; introdución Ramón Villares]. A Coruña: Deputación Provincial, 2006. ISBN 84-9812-0489.
  • Isaac Díaz Pardo: fondos Novagalicia Banco e Novacaixagalicia: [catálogo da exposición] / [textos, Xosé Díaz Arias de Castro, Rosario Sarmiento, Isaac Díaz Pardo]. (Galicia): Novagalicia, 2012. P.73. ISBN 978-84-96982-55-0.
  • Diéguez, Uxío Breogán. Entrevista a Isaac Díaz Pardo. Murguía (8 de xaneiro de 2012).
  • Romero, Daniel e Rúa, Manuel. Isaac Díaz Pardo pronunciando un discurso que ninguén entende. Galicia S.L. / (Entrevistas) 1º ed. Vigo: Xerais, 1995, pp. 107–145.

Ligazóns externasEditar