Abrir o menú principal

Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ó estudio e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Luís Alonso Girgado, Ramón López Vázquez e Xosé Luís Cochón Touriño.

Cadernos Ramón Piñeiro
PaísEspaña
Linguagalega
Primeira edición2003
http://www.cirp.es/w3/publicacions/
editar datos en Wikidata ]

Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudios encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ó pensamento filosófico. En distintos números recolleu parte da correspondencia de Piñeiro con diferentes personalidades.

Naceron o 22 de novembro de 2003[1] co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e xa van polo número XXXV (2016), dedicado este último a Manuel María, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas nese mesmo ano de 2016.

Tódolos números están accesibles na páxina web do Centro Ramón Piñeiro[2].

NotasEditar