Instituto Galego de Información

proxecto cultural

O Instituto Galego de Información (IGI) foi fundado no ano 1977 polo intelectual compostelán Isaac Díaz Pardo. Nun principio o IGI xurdiu a partir da idea do xornalista Lorenzo Varela de publicar un xornal en lingua galega chamado Galicia, pero o proxecto rematou tan só un ano despois.

Instituto Galego de Información
Tipoproxecto cultural
Data de fundación1977
Fundador(es)Isaac Díaz Pardo
SedeSan Marcos
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Coa súa sede en San Marcos (Bando, Santiago de Compostela), o IGI formou parte do proxecto do Grupo Sargadelos (1963) pola recuperación da memoria histórica, económica e cultural de Galicia dende o ano 1936, momento no que comezou a Guerra civil española.

Historia editar

O Instituto Galego de Información foi unha das partes das que se vai compoñer o Grupo Sargadelos, coa cabeza visible no complexo Industrial Sargadelos, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, Ediciós do Castro, o real Patronato de Sargadelos e o novo Seminario de Estudos Galegos. O Grupo Sargadelos nace grazas a vontade dos emigrantes galegos no exilio (maioritariamente na Arxentina), os cales buscaban a recuperación económica e cultural de Galicia. As dúas pezas fundamentais son Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. No ano 1963 érguese a base do proxecto: Luís Seoane crea o Laboratorio de Formas.[1]

No ano 1977, Isaac Díaz Pardo colócase a fronte do IGI, o cal instala a súa base en San Marcos (Santiago de Compostela).

Actividade cultural editar

O IGI naceu coa idea de publicar un xornal en galego. Non obstante, isto non chegou a realizarse nunca. Ao mesmo tempo, Díaz Pardo seguiu a traballar pola memoria da cultura galega. Pódese dicir que o IGI formou parte da corrente literaria e cultural do grupo Sargadelos. Nos anos seguintes do cesamento de actividade, no edificio do IGI Díaz Pardo continuou a recompilar todo tipo de material relacionado coa cultura galega como, por exemplo, os arquivos do Goberno Galego no exilio ou o patrimonio artístico do seu pai, Camilo Díaz Baliño.

Peche editar

Isaac Díaz Pardo fixou a súa residencia persoal no propio edificio do IGI.[2] Anos máis tarde[cando?], debido a unha profunda crise económica e institucional pola que pasa o Grupo Sargadelos, comezan medidas xudiciais para proceder a destitución do director compostelán, último representante galeguista. Finalmente é apartado do seu cargo en Sargadelos no ano 2006.[3] Non obstante, continuou ligado ao IGI ata a disolución definitiva deste no ano 2011. No ano 2014 e despois da morte de Díaz Pardo, o antigo edificio do IGI esperaba para ser posto á venda e probablemente ser transformado nun complexo hostaleiro.

Notas editar

  1. Paola Obelleiro. "40 años de un hito industrial y cultural". El País (en castelán). Consultado o 18/04/2015. 
  2. "Manifiesto de apoyo a Díaz Pardo al dejar el IGI". El País (en castelán). Consultado o 10 abril 2015. 
  3. Maré. "Isaac Díaz Pardo e os seus fillos perden o control de Sargadelos". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 17/04/2015.