Xosé Núñez Búa
Xosé Núñez Búa, nado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) en 1897[1] e finado en La Plata en xaneiro de 1981,[2] foi un político, xurista, mestre, escritor e intelectual galego no exilio arxentino.
Xosé Núñez Búa | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1897 |
Tenorio | |
Falecemento | xaneiro de 1981 |
La Plata | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Sobriño de Joaquín Núñez de Couto, foi licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartía docencia no colexio Labor de Vigo e dende 1923 no de Vilagarcía. Membro do Seminario de Estudos Galegos, foi colaborador da revista Nós, Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, foi presidente do Grupo Galeguista de Vigo, era concelleiro e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero conseguiu fuxir e exiliouse na Arxentina. Implicado no mundo cultural galego do exilio, foi un dos fundadores da revista Galicia Libre e un dos promotores do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Colaborador da revista Galicia Emigrante, unha parte dos seus artigos foron recompilados no libro Revoeira en 1971.
ObrasEditar
- Revoeira, 1971.
- Vida e paixón de Castelao, 1986.
- Escolma de textos con Galiza ao fondo, 1986.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Núñez Búa, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 45. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 70. ISBN 84-7680-429-6.
- "Núñez Búa, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 29.
- "Núñez Búa, Xosé". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1485. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Núñez Búa, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. p. 473. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 492.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 300. ISBN 84-7492-465-0.
- Neira, Manuel Xosé (2005). "Núñez Búa, Xosé". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 412. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externasEditar
- Castro Rodríguez, Xavier (1/7/2006). "Revoeira de historias e verbas de Xosé Núñez Búa" Galicia Hoxe.
- Viana, Víctor (14/7/2013). Núñez Búa, un galeguista comprometido en Vilagarcía Faro de Vigo (en castelán).