Dicionario biográfico de Galicia

dicionario biográfico en lingua galega
(Redirección desde «DBdG»)

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.[2]

Dicionario biográfico de Galicia
Autor/aEditor: Bieito Ledo Cabido
OrixeGalicia.
Linguagalego
Tema(s)Biografías.
Xénero(s)Consulta.
EditorialIr Indo Edicións, 36210 Vigo
Data de pub.novembro de 2010
Formato210 x 300 mm, cartoné
Páxinas1.046 (I: 368 + II: 334 + III: 344)
ISBNI: ISBN 978-84-7680-665-4[1]
II: ISBN 978-84-7680-685-2
III: ISBN 978-84-7680-686-9
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Con máis de 4.100 biografías de galegos de tódolos tempos, o dicionario defínese coma unha ferramenta de consulta para facer máis doado o traballo a escolares e profesionais no emprego do galego.

IR INDO
Tomo
1
Abad
Docampo

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
2
Docobo
Moreiras

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
3
Moreiras
Zumalave

 Dicionario biográfico de Galicia








 

O texto presentase a dúas columnas e leva pequenas fotografías, sempre en branco e negro. Agrúpase en tres tomos, cada un deles cun índice alfabético ao final, incluíndo preto de cincocentas entradas de mulleres:

Nas páxinas 322-333 do Tomo III inclúese un anexo do Tomo I, con 24 entradas, que comeza con Abad Vidal, Xosé e remata con Díaz García, Juán Ramón.

Crítica editar

Na obra non aparecen os reis de Galicia, nin outros persoeiros relevantes como Aurelio Aguirre, Álvaro Cunqueiro, Luís Amado Carballo, Gonzalo López Abente, Marcial Valladares ou Fermín Penzol e si persoeiros que non teñen relación con Galicia como o tirano Polícrates de Samos, o poeta Simónides (de Samos) ou o pintor francés Léon Bonnat, nado na Baiona francesa.

As entradas aparecen ordenadas segundo o nome completo e non polo máis coñecido. Por exemplo, non se atopa sa entradas "Castelao", "Reixa, Antón", "Risco, Vicente" ou "Ana Kiro" senón "Rodríguez Castelao, Afonso Daniel Manuel", "Rodríguez Reixa, Antón", "Martínez-Risco Agüero, Vicente" e "María Dolores Casanova González". En ocasións non se respecta a orde alfabética (p. ex. en Martínez Salazar, Andrés, p. 279). Así mesmo, os nomes de pía aparecen galeguizados.

Notas editar

  1. Base de datos de libros editados en España
  2. A obra recibiu axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, nos anos 2009 e 2010.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar