Teo Abad
Manuel Abad Abad, coñecido artisticamente como Teo Abad, nado na Coruña o 15 de setembro de 1953, é un director, realizador e fotógrafo galego de cine e televisión.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Manuel Abad Abad 15 de setembro de 1953 (71 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | director e realizador |
Período de actividade | 1984 - |
Páxina web | manuelabad.com |
Traxectoria
editarNos anos 70 formou parte dos grupos pioneiros do cine galego contemporáneo a través do equipo “Imaxe” en formatos Super 8 e 16 mm. Máis tarde participou na fundación da produtora audiovisual galega Espello Video Cine e, como fotógrafo, en grupos experimentais como "A Carón". Foi correspondente gráfico da primeira revista xornalística en galego, Teima, e seleccionado para o primeiro Anuario Fotográfico Español, editado pola mítica revista Nueva Lente.
Na década dos noventa formou parte da nova xeración de videocreadores, sendo seleccionada polo Museo de Arte Raíña Sofía para a primeira antoloxía de videocreación en España, "La imagen sublime" (1987), e despois (1993) para os seus "Españoles visionarios". Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea ("Prólogo").
Foi socio fundador tamén das compañías audiovisuais "Triax", "Zenit" (con Gestmusic Endemol) e "Formatting", ademais de creador de formatos para varias produtoras como "Comunicasom" (Lisboa), Video Voice, CTV, Pequeno hotel, Faro TV, Artiket, Pórtico de Pórtico de Comunicaciones... Tamén formou parte da primeira promoción que puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde foi Xefe de Realización.
Obras
editar- Contraaluz (2017), Documental de Formateo S.L[2]
- Verbenalia (2016), Musical, de Tex 45
- A busca da mirada (2014), Documental da Academia Galega do Audiovisual[3]
- Galicia 112. Magazine. Pórtico de Comunicaciones
- Sexo, entre o ceo e a terra (2010), Documental de Formateo S.L. e Faro T.V[4]
- Flores Tristes (2008), Documental, de Formateo S.L., Portico de Comunicación Tac Producciones.[5]
- Son de estrelas (2007) Musical, Voz Audiovisual
- Amalia, última noticia (2006), Documental, de T.V.G.
- Xacobeo (2004 e 1999). Espectáculos. Xunta de Galicia
- Con perdón (2003). Entretemento. Comunicasom (Lisboa)
- Xacobeo (1999). Espectáculos. TVG.
- A vida aberta (1998). Docushoap. con Zenit Multimedia
- A rosalia. Documental (1997)
- Estrelas, o programa. Concurso (1995)
- Lendas do mar. Documental (1993) TVG
- Luar (1992) Musical. TVG[6]
- Mar a Mar (1991) Musical. Televisión Española, Radio Television Portuguesa, Televisión de Galicia, Canal Sur, Euskal Telebista, TeleMadrid
- Televisión Pirata Experimental (1990)
- A Fala (1990) Especial Musical. TVG
- Corazonada (1989) Magazine.
- A mellor TV do mundo (1989) TVG[7].
Ficción
editar- Pequeno hotel. Comedia de situación (2002).
- Conta (1994).
- Hardo (1991). [8]
- 365 (1990).[9]
- Prólogo (1986).[10]
- O neno con pernas de Pomba (1985).[11]
- Denantes (1984).[12]
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abad Abad, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 9. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Contraaluz". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Nova: Estrea do documental A busca da mirada. 25 anos de cine galego | Cultura de Galicia". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Sexo, entre o ceo e a terra :: CINE GALEGO". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "| Flores tristes / Flores tristes | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Cómo acabar con «Luar» de una vez por todas". 16 de octubre de 2015. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "A mellor TV do mundo". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "| Hardo / Hardo | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ "| 365 / 365 | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ "| Prólogo / Prólogo | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ "| O neno con pernas de pomba / O neno con pernas de pomba | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "| Denantes / Denantes | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019.