Década de 70
Primeiro milenio | |||||
Século I | |||||
| |||||
|
70
- Artigo principal: 70.
Asia
- India ve a fin da Dinastía Helenística.
Occidente
- Tito destrúe e saquea o Templo de Xerusalén despois do cerco de Xerusalén.
- Creación da Legio II Adiutrix.
- Frontinus tórnase Pretor romano.
Arte e cultura
- Comeza a construción do Coliseo de Roma.
71
- Artigo principal: 71.
- Policarpo I convértese en bispo de Bizancio.
Roma
- Os romanos establecen unha fortaleza en York (Eboracum), como base para as forzas do norte da Britania. Inicialmente estableceuse exclusivamente para a lexión X Hispana, mais posteriormente foi ampliada para incluír aloxamento público, baños e templos.
- Potilio Cereal, gobernador da Britania, sufoca unha revolta de brigantes.
- Tamén vence a Claudio Civil na Batalla de Tréveris, sufocando así a rebelión de Batavia.
- Vespasiano e Nerva son cónsules.
- Tito tórnase prefecto dos pretores e recibe o mando proconsular, así como poder tribunicio, o que indicaba que Vespasiano seguiría a tradición hereditaria de sucesión.
Asia
72
- Artigo principal: 72.
- Vespasiano e Tito son cónsules romanos.
- Vespasiano depón a Antíoco IV de Siria.
- Primeira guerra romano-xudía: os romanos sitian Masada, fortaleza no deserto defendida por vítimas xudías dos sicarios.
73
- Artigo principal: 73.
Roma
- Plinio o Vello serve como procurador na provincia Tarraconense.
- Domiciano é cónsul.
- Vespasiano e Tito son censores. Aproveitan para purgar o senado romano de opositores, mais tamén para abrilo a novos membros, provinciais ou itálicos.
- Vespasiano concédelle o dereito latino a todos os municipios de Hispania e favorece a promoción das elites coloniais.
- Flavius Silva tórnase legado de Xudea.
- Roma anexiónase a Pequena Armenia.
- Guerra do legado Cnido Pinarius Cornelius Clemens na Xermania (rematada ao ano seguinte).
Asia
- Comeza a guerra dos hunos na China (até o 91)
- Os xenerais Dou Gu (Teou Kou) e Geng Bing (Keng Ping) dirixen unha expedición en Mongolia contra os xiongnu do Norte, que partiron en fuga. Estableceuse unha colonia militar no oasis de Hami no deserto do Gobi para lles cortar a ruta aos xiongnu.
- Ban Chao (Pan-Tch’ao), competindo cos xiongnu, impón o protectorado chinés aos reis do Lop Nor e de Khotan na bacía do río Tarim co propósito de controlar a ruta da seda (73-94).
74
- Artigo principal: 74.
Imperio Romano
- A Selva Negra pasa a mans romanas.
Asia
- Os chineses establecen un Protectorado das Rexións Occidentais.
- Os xenerais chineses Dou Gu (Teou Kou) e Geng Bing (Keng Ping) apodéranse do oasis de Turfan.
75
- Artigo principal: 75.
- Zhangdi convértese no novo emperador da dinastía Han na China (até 88).
76
- Artigo principal: 76.
Ciencia e tecnoloxía
77
- Artigo principal: 77.
Asia
- Principia o reinado de Giru, novo monarca de Baekje, país sito na península coreana (até 128).
Europa
- Os bructeri, pobo xermano, levántase contra o dominio romano.
- Roma inicia a exploración das Illas Británicas (até o 84), so a dirección do seu gobernador, Agrícola.
Arte e cultura
- Plinio o Vello publica o primeiro dos seus dez libros sobre a Historia natural.
78
- Artigo principal: 78.
Asia
- Segunda dinastía Cuxana, na India (até o 96).
- Comeza o cómputo da era Saka na India.
- Iníciase o reinado de Pacorus II, monarca de Partia.
Europa
79
- Artigo principal: 79.
- Tito sucede a Vespasiano como emperador de Roma.
- 24 de agosto e 25 de agosto: as cidades romanas de Pompeia, Herculano e Estabia quedan sepultadas baixo varios metros de cinza trala erupción do volcán Vesuvio.