Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79[1]. Naquela altura, o título de papa aínda non fora creado.

Lino
Nome completoLino de Volterra
AlcumeSan Lino
Nacemento10
Lugar de nacementoToscana
Falecemento79
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeRoma Antiga
Relixióncatolicismo
OcupaciónChristian cleric
NaiClaudia
Períodoentre os anos 67-79
Coñecido porser o papa n° 2 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
Find a Grave: 9707379 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pouco se sabe de Lino de Volterra e do seu pontificado. A maioría das fontes clásicas sinálano como segundo dos bispos de Roma, se ben nas datas existen fondas diverxencias. O Liber pontificalis dátao entre o ano 56 e o 67, durante o imperio de Nerón, Xerome de Estridón lévao ata 67-78, e Eusebio ata o segundo ano do goberno de Tito (80).

Ireneo de Lión, un autor de finais do século II, identifícao co Lino que menciona Paulo de Tarso na súa segunda carta a Timoteo, e que foi nomeado papa á morte de Pedro, polo tanto no ano 67. O Liber pontificalis (catálogo do século VI) sinala que era orixinario de Volterra, pero non identifica as fontes desa aseveración.

Aínda que como a todos os papas anteriores ao Edicto de Milán a tradición cristiá o considera un santo e mártir (a súa santidade celébrase o 23 de setembro), non existen probas de que fose en verdade asasinado polas súas crenzas.

Parroquias galegas editar

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de San Lino.

Notas editar

  1. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes. The Catholic Book Club, Londres, 1939.

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.