Década de 60
Primeiro milenio | |||||
Século I | |||||
| |||||
|
60
- Artigo principal: 60.
- Paulo de Tarso escribe a meirande parte das cartas paulinas.
- Ocorre en Europa Occidental o chamado Ano Negro, cando os conquistadores romanos devastaron os bosques sagrados dos druídas, perseguindo estes sacerdotes.
Arte e cultura
- Petronio Árbitro dá a luz a súa novela "Satiricón" (Satyricon) (data probábel).
Ciencia e tecnoloxía
- Herón de Alexandría escribe as obras "Métrica", "Mecánica" e "Pneumática".
- 9 de agosto - Astrónomos chineses anotan a aparición dun cometa ao norte da constelación de Perseo, que seguirán durante 135 días.
61
- Artigo principal: 61.
Ciencia e tecnoloxía
62
- Artigo principal: 62.
Oriente Próximo
- Batalla de Rhandeia - As tropas romanas dirixidas por Lucio Cesenio Peto son derrotadas polo exército parto-armenio, que comandaba o rei Tiridates I de Armenia.
Mundo Mediterráneo
- 5 de febreiro - Un terremoto estraga seriamente Pompeia e outras cidades próximas.
63
- Artigo principal: 63.
Oriente Próximo
- O xeneral Corbulón retoma o mando das tropas romanas en Oriente; invade Armenia e vence ao rei Tiridates I.
- Tratado de Rhandeia: Partia recoñece a soberanía romana en Armenia, mais o monarca armenio sairá da dinastía arsácida, que rexe na Partia, e será coroado en Roma. En razón do tratado Tiridates I é recoñecido como soberano armenio (até 72), mais so o protectorado romano. No ano 66 Tiridates acudirá a Roma para ser coroado.
Mundo Mediterráneo
- Vespasiano tórnase gobernador de África.
64
- Artigo principal: 64.
Asia
Europa
- 19 a 24 de xullo - Grande incendio de Roma e primeira persecución de cristiáns.
65
- Artigo principal: 65.
- Roma: Conxura, fracasada, de Caio Calpurnio Pisón contra o emperador Nerón. Este ordena suicidarse a Lucano e Séneca.
66
- Artigo principal: 66.
- Comeza a primeira revolta dos xudeus (até o 70).
- Tiridates I, rei de Armenia, é recibido triunfalmente por Nerón na súa visita a Roma, onde será coroado, en cumprimento do tratado do ano 63.
- 22 de setembro - O emperador Nerón presenta a Legio I Italica.
Arte e cultura
- Fundación do mosteiro de San Tadeo, hoxe sito na provincia de Acerbaixán Oriental, en Irán.
Ciencia e tecnoloxía
- 25 de xaneiro: Paso do cometa Halley.
67
- Artigo principal: 67.
- Rebelión anti-Nerón do galo-romano Caio Xulio Vindex.
- San Lino sucede a San Pedro como 2º papa, segundo a tradición critiá.
- Corsica et Sardinia (as illas de Córsega e de Sardeña) tórnase unha provincia romana.
68
- Artigo principal: 68.
- Abril - Galba, gobernador da Hispania Tarraconense, e Vindex, gobernador da Galia Lugdunense, revóltanse contra Nerón. Vindex será derrotado.
- Galba crea a Legio I Adiutrix e a Legio VII Gemina, Lucio Claudio Macer a Legio I Macriana liberatrix.
- Xuño - Nerón é declarado persona non grata polo senado e suicídase; no mesmo día, Galba é recoñecido emperador.
- Novembro - Vitelio é nomeado gobernador da Xermania Inferior.
- Os roxolanos, un grupo sármata invaden a Mesia, talvez impelidos polos alanos.
- Duras ascende ao trono dacio (até 87).
69
- Artigo principal: 69.
- O Ano dos catro emperadores en Roma: Despois da morte de Nerón, Galba, Otón e Vitelio, Vespasiano asume o control.
- 15 de xaneiro - Galba é asasinado pola Garda Pretoriana; no mesmo día, o Senado recoñece a Otón como emperador.
- 14 de abril - Vitelio derrota a Otón.
- 15 de abril - Otón suicídase, Vitelio é recoñecido emperador.
- 20 de decembro - Vitelio é asasinado por soldados no palacio imperial.
- 21 de decembro - Vespasiano é recoñecido emperador (até 79).