Britanos

Os britanos[1] (en latín Britanni) designa ante todo os habitantes da illa de Bretaña (en latín Britannia), ou máis exactamente que habitaban a parte da illa limitada ao Norte polos ríos Clyde e Forth (en Escocia hoxe).

Relevo dunha muller romano-britana.
Este artigo trata dos antigos britanos (Brittons), habitantes de illa de Bretaña, ou Gran Bretaña, e non dos bretóns, habitantes da actual país de Bretaña, en Francia.

Outros habitantes de BretañaEditar

Os outros habitantes da illa nese momento eran, ao norte destes ríos, os Caledonios, Maeatae, Attacotti etc., ou, logo, a confederación dos pictos; e sobre as costas galesas, os Hiberni, ou gaels de Irlanda. Máis tarde chegaron os anglos e os saxóns, asentados en inicio nas costas do Leste; os escotos, vidos de Irlanda, e situados na parte occidental da Caledonia.

Deste xeito, a definición abre a dupla cuestión do poboamento da illa de Bretaña, e do «carácter céltico» dese poboamento. Tal cuestión debe considerarse para dous períodos distintos que duran preto de mil anos: durante a prehistoria e a protohistoria da illa, antes da conquista romana dunha banda; durante a Alta Idade Media doutra banda.

Orixes prehistóricasEditar

 
Mapa dos asentamentos britanos arredor do século VI d.C.

Os britanos, é dicir, os antigos habitantes de Gran Bretaña na época inmediatamente anterior á conquista romana, comprendían numerosas tribos e pobos, cun carácter céltico comprobado, especialmente no Sur da illa e na foz do río Támese; entanto «cando e como as illas –Bretaña e Irlanda– se celtizaran é descoñecido» (Barry Raftery).

Se as relacións continuas co continente existían durante o período de Hallstatt (na primeira Idade de ferro), o certo é que a produción arqueolóxica das illas nesta época se mantén resoltamente autóctona.

Na época de La Tène, existiu unha metalurxia do ferro nas dúas illas (desde o século VII a.C.). Mais é preciso agardarmos ata o século IV a.C. (e ata o II ou I en Irlanda), para que o material arqueolóxico mostre unha produción metalúrxica laténiana, e faltan totalmente paralelos da fase antiga de La Tène. Ao tempo, a «sociedade britana» revela innúmeros indicios dunha xerarquía moi forte, dominada por unha clase aristocrática, capaz mesmo de importar tales obxectos do continente.

A fins do século III a.C., aparecen emisións de moeda no Sur da illa de Bretaña; mais ningunha moeda, no mesmo período, se ten descuberto na Irlanda.

Sen dúbida, salvo a posibilidade de incursións episódicas desde o continente (Norte da Galia, litoral atlántico), o poboamento das Illas británicas afunde as súas raíces na Prehistoria.

Migracións célticas na Alta Idade MediaEditar

A partir de mediados do século V, novos invasores xermánicos, os anglosaxóns desprazaron progresivamente os britanos do sur e do leste para o oeste da illa de Bretaña, mentres os irlandeses efectuaban ataques sobre a costa occidental de Bretaña (foi con ocasión dun destes ataques cando foi capturado San Patricio que era britano). Acabaron por fundar verdadeiros principados nas costas galesas e escocesas. Se os primeiros foron finalmente esmagados, os segundos fundaron Escocia pola fusión do Dal Riada cos reinos britónicos do Norte. Durante este período, sobre o cal faltan fontes fiábeis (son as « épocas escuras » ou Dark Ages da historiografía inglesa), as poboacións celtas pouco romanizadas estabeleceran numerosos « reinos célticos » na illa, especialmente no País de Gales, en tanto outros emigraran para Irlanda. De resto, nisto áchase probabelmente a causa primeira, dunha emigración en masa de britanos cara a península armoricana, que de aí acabou tomando o nome de Bretaña. Outra parte, menor, chegou a atinxir as costas setentrionais de Galiza, na Península Ibérica, onde fica documentado un bispo Mailoc ou Maeloc, posibelmente do celta Mach Low (latinizado Maclou na Galia), e onde fundan o bispado de Britonia, que lembra o seu país de orixe, e que se acostuma identificar coa actual Bretoña, no concello lucense da Pastoriza (hai ademais varias Bretoñas máis en Galiza, que sen dúbida teñen a mesma orixe).

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para britano.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar