Malo (santo)

Fundador de Saint-Malo na Bretaña, Francia.
(Redirección desde «Maclou»)

San Malo (tamén coñecido como Maclou; en latín, como Maclovius ou Machutus; 27 de marzo de 520 - 15 de novembro de 621) foi, no século VI, o fundador da cidade de Saint-Malo, na Bretaña, Francia. É un dos sete santos fundadores da Bretaña.

Infotaula de personaMalo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 520 Editar o valor em Wikidata
Llancarfan (Kingdom of Glywysing) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 621 Editar o valor em Wikidata (101 anos)
Archingeay (Ducado de Aquitania) Editar o valor em Wikidata
Bispo Aleth (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGales
Bretaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
ProfesoresBrandán e Aarão de Aleth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galesa, lingua latina e lingua bretoa Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de novembro Editar o valor em Wikidata
Crese que San Malo acompañou San Brandán nas súas viaxes.

Detalles da carreira de Malo presérvanse en tres historias medievais, que parecen incluír incidentes asociados con varias persoas diferentes de nomes semellantes. A pesar desa confusión, parece que Malo naceu por volta do ano 520, provabelmente no País de Gales.

O seu nome pode derivar de machlou, da lingua bretoa antiga, un composto de mach - "garantía, refén" - e lou (ou loh) - "brillante, bonito".[1]

Viaxes con San Brandán editar

Disque Malo foi bautizado por San Brandán, tornándose o seu discípulo favorito.[2] No entanto, existen serias dúbidas en canto á autenticidade deste período da súa vida. Puido ser un dos homes especialmente seleccionados polo santo para a súa viaxe.

Tradicionalmente, foi na Abadía Llancarfan onde San Brandán e o seu discípulo, Malo, con varios outros compañeiros, estabeleceron a descuberta da "Illa Benaventurada". Botouse logo ao mar nunha segunda viaxe e visitou a illa de Cézembre, fronte ao largo de Saint-Malo, onde permaneceu algún tempo. Supostamente, Maclovius era un xigante morto, que Brandán resucitou a través da súa santidade. Brandán bautizouno antes de permitirlle volver a ser morto.[3]

Notas editar

  1. Léon Fleuriot, Les Origines de la Bretagne, ed. Payot, 1982, p. 150 and 281.
  2. St. Machutus
  3. Ramsay, Raymond (1972). No Longer on the Map. New York: Viking Press. p. 81. ISBN 0-670-51433-0. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar