Na xeografía da Antigüidade, especialmente en fontes romanas, Dacia era a rexión habitada polos dacios (ou getas, como eran coñecidos polos antigos gregos), unha rama dos tracios que vivía ao norte dos Balcáns.

Reino Dacio
168 a.C.–106

Bandeira

Capital Sarmizegetusa Regia
Linguas
Relixión Zamolxismo
Goberno Monarquía non hereditaria[1]
Historia
 • Establecido 168 a.C.
 • Disolución 106

A Dacia tiña como fronteiras meridionais o rio Danubio (Istros, nas fontes gregas) ou, na súa maior extensión o monte Hemo (en latín, Haemus Mons), actual cordilleira dos Balcáns. Mesia (Dobruja), unha área ao sur do Danubio era o centro da rexión en que os getas vivían e interactuaban cos antigos gregos. Polo leste, tiña como fronteiras naturais o Ponto Euxino (Mar Negro) e o río Danastris (río Dnister), citado nas fontes gregas como Tyras). Non obstante, rexistráronse diversos poboados dacios entre os ríos Dnister e Hypanis (río Bug), e o Tisia (Tisza), polo oeste.

Nalgúns tempos, a Dacia comprendeu áreas entre o Tisza e o Danubio medio. A cadea de montañas dos Cárpatos localizábase no medio da Dacia.

Os dacios eran tripos tracias setentrionais.[2] As tribos dacias tiveron tanto relacións pacíficas como belicosas con outras tribos veciñas, como os celtas, os antigos xermánicos, os sármatas e os citas, mais foron máis influídos polos gregos e os romanos. Estes acabaron por conquistalos, e asimilalos, lingüística e culturalmente.

Existiu un reino dacio de dimensións variadas entre o 168 a.C. ata a conquista romana, en 106. A capital da Dacia, Sarmizegetusa, localizada na actual Romanía, foi destruída polos romanos, mais o seu nome foi unido ao da nova cidade (Ulpia Traiana Sarmizegetusa), construída por eles para servir como capital da provincia romana da Dacia.

HistoriaEditar

 
Dacia clásica e arredores, do Classical Atlas to Illustrate Ancient Geography de Alexander G. Findlay, Nova York, 1849

No inicio do século II a.C., baixo o goberno de Rubobostes, un rei dacio da actual Transilvania, o poder dos dcios na chaira Panonia, a rexión entre os Cárpatos, os Alpes Dináricos e os Balcáns, aumentou coa derrota dos celtas que anteriormente tiñan o poder na rexión. Existiu un reino da Dacia polo menos dende o inicio do século II a.C. gobernado polo rei Oroles. Conflitos cos bastarnas e os romanos (112-74 a.C.), contra os que auxiliaron os escordiscos e os dardanios, enfraqueceron grandemente os recursos dos dacios.

Baixo a rexencia de Burebista (Berebistas), contemporáneo de Xulio César, que reorganizou completamente o exército e elevou o padrón de moral do pobo, os límites do reino estendéronse ao seu máximo. Os bastarnas e os bois foron conquistados, e mesmo as cidades gregas de Olbia e Apolonia no mar Negro recoñeceron a autoridade de Burebista.

De feito, os dacios parecían tan formidábeis que César considerou a posibilidade de enviar unha expedición contra eles; feito que só a súa morte impediu. Por volta da mesma época, Burebista foi asasinado, e o reino foi dividido en catro (ou cinco) partes baixo o mando de gobernantes separados. Un deses gobernantes chamouse Cotiso, que tiña unha filla coa que Augusto seica desexaba casar e co que Augusto prometeu a súa filla de cinco anos de idade, Xulia. É coñecido polo verso de Horacio (Occidit Daci Cotisonis agmen, Odes, III. 8. 18).

Os dacios son mencionados freuentemente no reinado de Augusto, que de acordo con el foran compelidos a recoñecer a supremacía romana. Con todo, de ningún xeito foron subxugados, e en épocas posteriores, para manteren a súa independencia, aproveitaron cada oportunidade de atravesar o conxelado Danubio durante o inverno para devastar as cidades romanas da provincia de Mesia.

Lista de reis de DaciaEditar

  • Moskon (século IV a. C.)
  • Dromiketes (contra 300 a. C.)
  • Rubobostes (século III a. C.)
  • Oroles (século III a. C.)
  • Rhemaxos (contra 200 a.C.)
  • Dicomes? (século II a. C.)
  • Rholes? (século II a. C.)
  • Dapyx? (século II a. C.)
  • Tymarcus (contra 100 a. C.)
  • Guichthlac (contra 100 a. C.-82 a. C.)
  • Burebista (82-44 a. C.)
  • Comosicus (44-28 a. C.)
  • Non rexistrados (28 a. C.-68)
  • Duras (68-87)
  • Decébalo o Valente (87-106)

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hoddinott, Ralph F., The Thracians, 1981.
  • Herwig Wolfram. History of the Goths. Thomas J. Dunlap, trans. Berkeley: University of California Press, 1988.
  • Musset, Lucien. Les Invasions: Les Vagues Germaniques. París: Presses Universitaires de France, 1965.
  • Thompson, E. A. The Visigoths in the Time of Ulfila. Oxford: Oxford University Press, 1966.

Enlaces externosEditar