Berebistas
Berebistas (tamén como Birebistas ou Burebistas) foi un rei dacio, que levantou un extenso e breve imperio nas terras do Danubio entre os anos 60 a. C. e 44 a. C., para o que contou coa axuda de Deceneo, o seu sacerdote, quen seguramente impuxo unha reforma relixiosa e moral no seu reino que o levou a arrincar os viñedos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 90 a. C. |
Morte | 44 a. C. (36/46 anos) |
Rei de Dacia | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Dacia |
Ocupación | rei |
Outro | |
Título | Rei |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Unificou á poboación tracia dende o río Hercinica (o actual Morava) ao oeste, até o Bug no leste, e dende os Cárpatos setentrionais até Dionisópole, elixindo a súa capital (chamada Argedava ou Sargedava) preto de Costeşti, actualmente ao suroeste de Romanía, nos outeiros Orăştie, onde se erixiron as fortalezas dacias das montañas Orastia.
Campañas militares
editarPolo oeste atacou os escordiscos (56 - 50 a. C.), quen se converteron nos seus mercenarios. Aniquilou aos boios e tauriscos (circa 45 a. C.), mentres que polo leste, con axuda dos bastarnos como aliados, someteu e impuxo un protectorado ás cidades gregas do Ponto Euxino, dende Apolonia (Sozopol) até Olbia, e espallou o seu poder até Tracia. Desta forma, logrou espallar o seu reino até o Danubio e o Morava.
Proba do seu poder é o feito de que Pompeio buscase a súa alianza no 48 a. C. durante a Guerra Civil contra Xulio César, quen tamén se decatou da ameaza que supuña. Por iso é polo que planease emprender unha campaña contra Berebistas no 44 a. C., aínda que non se materializou debido ao seu asasinato, así como o de Berebistas, que debeu suceder polas mesmas datas, ficando o reino dividido. Non obstante o "problema xeta/dacio" aínda pervivía na época de Augusto.