Río Tisza
O río Tisza ou Tisa é un dos maiores ríos de Europa central. O Tisza nace na Ucraína, e transcorre polas fronteiras da Romanía, e a fronteira entre Hungría e Eslovaquia, ata a súa unión co Danubio na rexión de Voivodina, en Serbia. O río Tisza rega unha área duns 157.186 km².
Río Tisza | |
---|---|
País | Ucraína, Romanía, Eslovaquia, Hungría, Serbia |
Lonxitude | 1.358 km |
Desembocadura | Río Danubio |
O río recibe diferentes nomes ó longo do seu percorrido:
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Tisza |