O eslovaco[2] (slovenčina, slovenský jazyk) é unha lingua eslava falada principalmente na República de Eslovaquia. Pertence ao grupo das linguas eslavas occidentais. É próximo do checo na escrita, mais difire fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da radio e da televisión nacionais, ata a partición de Checoslovaquia no 1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión. É próximo tamén do polaco, e en xeral existe unha intercomprensión máis ou menos doada con todas as linguas eslavas occidentais e meridionais (esloveno, serbocroata etc.)

Eslovaco
slovenčina
Falado en: Eslovaquia, República Checa, Hungría, Serbia, Montenegro, Polonia, Romanía, Ucraína.
Total de falantes: 5,6 millóns
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslava occidental
    Checo-eslovaca
     Eslovaco
Status oficial
Lingua oficial de: Eslovaquia
Unión Europea
Regulado por: Instituto Ľudovít Štúr
Códigos de lingua
ISO 639-1: sk
ISO 639-2: slo (B)slk (T)
ISO 639-3: slk
SIL: SLO
Mapa
Status

O eslovaco está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Non hai que confundilo co esloveno (slovenščina), xa que aínda que é outra lingua do grupo eslavo trátase de dúas linguas distintas. O esloveno forma parte do grupo do eslavo meridional occidental (como o serbocroata), mentres que o eslovaco é parte do eslavo occidental como o citado checo ou o polaco.

O eslovaco utiliza un alfabeto latino modificado, con signos diacríticos para anotar certos sons.

Historia

editar

Tradicionalmente as elites eslovacas escribían en checo, por veces cheo de eslovasquismos, especialmente entre os católicos mentres a elite protestante tendía a utilizar un checo sen trazos eslovacos. O sacerdote católico Anton Bernolák foi o autor do primeiro estándar para o eslovaco a fins do século XVIII, baseábase no eslovaco occidental, que comparte moitos trazos co checo, pero que é moi diferente dos outros dialectos eslovacos[3] polo que o seu éxito foi limitado, quedando en desuso a comezos do século XIX. A base da lingua normativa eslovaca actual é a codificación feita en 1840 por Ľudovít Štúr, tomando como fundamento os dialectos eslovacos centrais principalmente.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eslovaco.
  3. Stephen Barbour e Cathie Carmichael Language and nationalism in Europe. Oxford University Press, 2000, páxina 201

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.