Deserto de Gobi
O deserto do Gobi é unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. O nome Gobi significa "deserto" en mongol.
(mn) Говь (mn) ᠭᠣᠪᠢ (zh-hans) 戈壁 | |||||
Tipo | deserto | ||||
---|---|---|---|---|---|
Ecorexión (WWF) | Eastern Gobi Desert steppe (en) , Alashan Plateau semi-desert (en) e Gobi Lakes Valley desert steppe (en) | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 1.547 m | ||||
Tamaño | 1.500 () km | ||||
Punto máis baixo | Nemegt Basin (en) | ||||
Punto máis alto | Bogd Khan Mountain (en) | ||||
Superficie | 2.354.460 km² | ||||
Medicións | |||||
Clima | cold desert climate (en) | ||||
É o deserto areento máis setentrional de todos, no que viven algúns animais raros tales como o camelo bactriano (de dúas corcovas) e o rarísimo cabalo de Przewalski.
O Gobi esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1 300 000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.
O deserto de Gobi é coñecido no mundo da Paleontoloxía pola riqueza e calidade dos seus restos fóseis, entre os que foron descritas pola primeira vez moitas especies de dinosauros.
Clima
editarO clima do Gobi presenta importantes variacións segundo a estación. Entre a noite e mailo día, pódese observar unha amplitude térmica de 32 °C.
... | Ulan Bator (1150 m) | Sivantesa (1190 m) |
Media anual | -2.5 °C | +2.8 °C |
Media xaneiro | -26.5 °C | -16.5 °C |
Media xullo | 17.5 °C | 19.0 °C |
Extremas | 38.0 °C e -43 °C | 33.9 °C e -47 °C |
Ecorrexións
editarO Gobi pode ser dividido en varias rexións :
- A estepa desértica do leste do Gobi, que se estende, sobre 281.000 km², da meseta de Mongolia interior, na China, cara a Mongolia.
- A meseta semi-desértica Alashan, situada ao suroeste desta estepa, esténdese ata a meseta do Tíbet.
- A cunca do Xunggar, semi-desértica, está delimitada por dúas montañas pertencentes á cadea do Tian Shan.
- O deserto do Kumtagh
- O deserto de Hami, ao sur, ocupa o espazo comprendido entre a cadea do Tian Shan e a do Nan Shan
Véxase tamén
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |