Ulán Bátor
Coordenadas: 47°55′12″N 106°55′12″L / 47.92000, -106.92000
Ulaanbaatar (Mongol: Улаанбаатар, ᠤᠯᠠᠭᠠᠨᠪᠠᠭᠠᠲᠤᠷ) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 2008 a súa poboación estimábase en 1.044.500 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun val ao pé da montaña Bogdo Uul.
Ulán Bátor | |||
---|---|---|---|
Улаанбаатар | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1.350 msnm | ||
Superficie | 4.704´4 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1.044.500 hab. (2008) | ||
Densidade | 222 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 210 xxx | ||
Alcalde | Tüdeviin Bilegt | ||
www.ulaanbaatar.mn |
Historia e característicasEditar
Fundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro Budista chamada Urga prosperou na década de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do té entre Rusia e mais China. Cando Mongolia se converteu na República Popular de Mongolia, no 1924, o seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroe vermello" na lingua mongol), en honra do heroe nacional mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.
Ulán Bátor ten un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autoestrada coas principias cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade ten a única universidade do país.
Lugares de intereseEditar
- Museo de Historia Natural
- Mausoleo de Sühbaatar
- Mosteiro de Gandantegchinlen Khiid coa estatua de Migjid Janraisig, de 25 m de alto
- Pazo de inverno de Bogd Khan
Galería de imaxesEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ulán Bátor |