Lista de papas
artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Lista de Papas»)
Esta é unha lista sucesoria dos papas considerados pola Igrexa católica, con indicación dos seus anos de pontificado. Caben algunhas notas:
- O título de papa non existía antes de 306, e ata 325, co Primeiro Concilio de Nicea, exercía apenas a función dun metropolita, como bispo de Roma.[Cómpre referencia]
- Nunca houbo un Papa Xoán XX, nin un Papa Martiño II ou Papa Martiño III (aínda que sexan así designados por veces os Papas Mariño I e Mariño II). Para a numeración dos papas con nome Estevo, consulte Estevo, papa electo.
- Os nomes máis comúns son Xoán (último: XXIII, aínda que non houbese Xoán XVI ou Xoán XX), Gregorio (XVI), Bieito (XVI), Clemente (XIV) e Inocencio e León (XIII).
- Os antipapas son mostrados en itálica.