Nicolao V, papa

Tommaso Parentucelli, nado cara a 1398 en Sarzana (Italia) e finado en Roma en marzo de 1455, baiso o nome Nicolao V, foi o papa n.º 208 da Igrexa católica de 1447 a 1455. Puxo fin ao cisma do antipapa Fiz V. Libre de todo nepotismo, era pequeno e de frouxa constitución física. A súa mirada aguda non xeraba a obediencia; era máis un home de letras que home de acción. A súa gran xenerosidade, o seu gusto pola arte e as súas eleccións políticas difíciles válenlle non obstante de ser considerado como un dos papas máis brillantes.

Nicolao V, papa
Paus Nicolaas V door Peter Paul Rubens.jpg
Nome completoTomaso Parentucelli
Nacemento15 de novembro de 1397
Lugar de nacementoSarzana
Falecemento24 de marzo de 1455
Lugar de falecementoRoma
Causacirrose hepática
SoterradoBasílica de San Pedro e Grutas vaticanas
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Boloña
Ocupaciónclérigo, bibliotecario e sacerdote católico
Períodoentre o 1447 e o 1455
Coñecido porser o papa n° 208 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Parentucelli-1 Find a Grave: 8803646 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

PontificadoEditar

Construtor de fortificacións e restaurador de igrexas, comeza o seu pontificado embelecendo a gran cidade (empezará a construción do Pazo do Vaticano desexando que sexa o maior pazo do mundo), e invitando aos pintores, os arquitectos e ante todo os escritores. Home do Renacemento, imbuído do espírito humanista, fundou a Biblioteca Apostólica Vaticana en 1448 e fomentou a tradución de clásicos como Diodoro, Tucídides, Homero e Estrabón.

Sendo papa dedicase en Roma a establecer novos equilibrios políticos e internacionais. Pola bula Romanus Pontifex [1], póusase en árbitro dos imperios españoL e portugués e alcance a autoridade universal do pontífice, incluído a cristianización dos pobos indíxenas e musulmáns. Durante o seu reinado intentou convocar os reis cristiáns a unha cruzada para evitar a inminente caída de Constantinopla en mans dos turcos, pero a súa chamada foi ignorada e a cidade caeu en 1453.

NotasEditar

  1. (en inglés) Romanus Pontifex (páxina consultada o 20/10/2009)

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.