Gregorio IX, papa

papa

Gregorio IX, nado en Anagni cara o 1170 e finado en Roma o 22 de agosto de 1241, foi o Papa nº 178 da Igrexa católica.

Gregorio IX, papa
Nome de nacementoUgolino di Conti
Nacementoséculo XIxuliano e 1170
Lugar de nacementoAnagni
Falecemento29 de agosto de 1241 e 22 de agosto de 1241
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Boloña
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
PaiTristeno Conti di Segni
Período1227 a 1241
Coñecido porser o papa n° 178 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Segni-2 Find a Grave: 9917774 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De nome Ugolino di Conti, era sobriño do papa Inocencio III, que o foi nomeando sucesivamente capelán papal, arcipreste de San Pedro, cardeal diácono de San Eustaquio en 1198, e cardeal bispo de Ostia e Velletri en 1206.

En 1207 Inocencio III enviouno como legado a Alemaña coa misión de mediar na disputa sucesoria que xurdiu a raíz da morte de Henrique VI.

En 1217, baixo o pontificado de Honorio III, exerceu como delegado plenipotenciario para Lombardía e Toscana, onde predicou a Sexta Cruzada.

 

Elixido papa o 21 de marzo de 1227, tras renunciar á tiara o cardeal Conrado de Urach, elixido como primeira opción, adoptou o nome de Gregorio IX.

Enfrontamento co Sacro Imperio editar

A súa primeira medida como Pontífice foi a excomuñón do emperador Frederico II polas continuas demoras na súa participación na Sexta Cruzada. Esta excomuñón fixo que os partidarios do emperador se alzasen contra Gregorio, obrigándoo a abandonar Roma para refuxiarse en Viterbo e posteriormente en Perugia.

Frederico II decidiu entón, para probar a inxustiza da súa excomuñón, dirixirse a Terra Santa, partindo sen a bendición papal en 1228, á fronte dun reducido exército que, porén, logrou conquistar a illa de Chipre e facerse en 1229, mediante un acordo diplomático, con Xerusalén, Belén e Nazaret.

Gregorio IX non respondeu coa absolución de Frederico, senón que declarou que as accións do emperador en Terra Santa non podían cualificarse como guerra santa ó continuar excomungado, e procedeu a liberar ós cruzados do voto de obediencia ó emperador, que se viu obrigado a regresar ó saber que o Papa, xunto á Liga Lombarda, estaba invadindo o seu reino de Sicilia.

Tras desembarcar en Brindisi, Frederico logrou derrotar ás forzas pontificias e lombardas, expulsándoas dos territorios imperiais e firmando en 1230 a Paz de San Xermano, pola que a cambio de que o Papa revogase a súa excomuñón, o emperador aseguraba á Igrexa as súas posesións territoriais.

Porén, esta paz foi moi efémera, xa que coas formas de concibir o papado e o pontificado por Gregorio e por Frederico, un novo enfrontamento era ineludible. Así, cando en 1237 as tropas imperiais derrotaron á liga lombarda na Batalla de Cortenova, o Papa encontrou a escusa para volver a excomungar novamente a Frederico II en 1239.

Inmediatamente ordenou unha cruzada contra o emperador, intentou infrutuosamente que os príncipes alemáns elixisen un novo rei e convocou un concilio en Roma para celebralo en 1241.

Frederico anunciou pola súa parte a súa oposición total á celebración dun concilio que, convocado polo Papa, non tiña outra motivación que a da súa deposición e substitución, polo que ordenou ás súas tropas que apresasen a tódolos que viaxasen a Roma coa intención de participar no mesmo.

A detención e encarceramento de máis de cen clérigos impediu a celebración do sínodo e, pouco despois, o 22 de agosto de 1241, faleceu Gregorio IX.

Outras obras editar

Gregorio IX, mediante a publicación en 1231 da bula Excommunicamus, estableceu formalmente o tribunal da Inquisición, facéndoa depender directamente do pontífice, nomeando ós dominicos como inquisidores e establecendo que os herexes fosen entregados ó brazo secular para o seu castigo.

Canonizou a Francisco de Asís o 16 de xullo de 1228, a Antonio de Padua en maio de 1232 e a Domingos de Guzmán o 8 de xullo de 1234.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Avis ostiensis (A ave de Ostia), facendo referencia ó feito de que foi cardeal de Ostia antes da súa elección como pontífice, e a que no seu escudo de armas aparece unha ave.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pietro Balan, Storia di Gregorio IX e suoi tempi 3 volumes (Modena 1873).
  • Joseph Felten, Papst Gregor IX. (Freiburg i.B. 1886).
  • Guido Levi, Registri dei Cardinali Ugolino d' Ostia e Ottaviano degli Ubaldini (Roma 1890).
  • Iben Fonnesberg‐Schmidt, The Popes and the Baltic Crusades 1147–1254 (Leiden, Brill. 2007) (The Northern World, 26).

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.